viernes, 22 de enero de 2016

Pauaso Lolaso.

Este artigo  vai cuns días de retraso , debía de ser para antes do Clásico pero o tempo non sempre axuda a un servidor e claro agora xa vai un pouco condicionado polo partido de onte. Demasiadas ideas mesturadas para un solo artigo creo, a ver se non fago un matufo.


Debo recoñecer que esperaba moito menos do Madrid a pasada noite. Vendo como estaban afrontando os anteriores partidos pensaba perder fácil e mira ti por onde , tiramos co partido nos. Tiramos co partido e o máis grave tiramos ca competición, perder na casa neste grupo é un drama e máis cando recibimos para a semana próxima o meu entender o gran “coco” da Euroliga a día de hoxe o Olympiakos. Estamos obrigados a gañar todo o que queda na casa e tentar rescatar dous ou tres partidos fora, moito caldo para como estamos.

Sempre dixen que ata Xaneiro tranquilidade , pero xa estamos en Xaneiro rapazada. O Real Madrid leva arrastro todo o ano, entre que non fixemos pretempada, a Copa da Galleta aquela en Brasil, as lesións de homes chave como Rudy e Llull, que os fichaxes non entraron en dinámica  e a mala primeira fase da Euroliga, non damos enganchado.

E Laso non foi quen de asignar roles neses primeiros meses e agora pagámolo. Demasiados minutos para Felipe e últimamente para Chapu. Son dous grandes xogadores pero 10 minutiños a cada un sobre todo en Euroliga chéganlle, van na idade.

 Ese é o noso gran problema os pivots e sobre todo o posto de catro. Trey que chegou coma fichaxe estrela non se adapta o Lolaso ata o punto de que onte foi o descarte. Defender non defende moito, pero en ataque debía de ser o noso Doellman , o problema é que Lolaso non o puxo en dinámica e xa o dou case por perdido. En Ndour  buscamos o novo Marcus pero tampouco se da adaptado, nin o adaptou ollo  e vamos contra corrente. Willy penso que é mellor do que se fala del, pero sen oportunidades difícil, onte non o fixo mal.

Parece que a próxima semana chegará  Lima, acaba a primeira volta na Liga e xa pode ser noso. Creo que no Top 16 non podemos apuntalo ata que acabe a primeira volta tamén. Ven a ser o descanso de Gus, a ver si se da adaptado. O que non teño nin idea de a quen vamos a cortar porque non vexo un plantel de 14, 15 cando volva Rodolfo. Ndour, Willy, Trey visto o visto pode saír calquera vaia. Os pivots e o Lolaso, Tomic, Bou.....

O gran Rodolfo, canto se nota e nos que falabamos que non era tanto, que ignorantes somos. Nótase en ataque xa que desatasca, pero sobre todo nótase na defensa. A súa defensa do lado débil é sublime, canta faltiña facía onte cando penetraban e doblaban pase a esquina para triple.

O que nos leva a outra decepción da tempada, Taylor que despois duns meses bastante bos, anda penoso, falla cousas incribles. Creo que ten bastantes problemas de concentración faiche unha gran defensa con outra penosa, pasa os bloqueos daquela maneira e  moitas veces non fai cambios, tan necesarios na defensa do Madrid. En ataque nin machaca xa, cas pernas que ten falla debaixo do aro, en fin.

Onte pois a ver, arrancar 2-10 e pasar o 20-10 deu alas. Pero no terceiro cuarto morremos, a defensa Kárate – press de Pascual, como sempre digo hai que adaptarse os árbitros, a eles permítenlles moito xa sabemos. A lesión de Navarro, que en ataque estaba a moi bo nivel, pero deixa furados en defensa que aproveitamos. De feito a Kárate-press chegou sen Navarro, non vin o seu + - pero supoño que sería negativo. Tiramos con 16 puntos, 5 nos últimos 50 segundos, apuff.  Os problemas que temos en estático cando o Chacho se atasca, e que na segunda parte non defendemos ( penetrar e dobrar, simple para desfacernos )  e fallamos en momento chave, deixanos outra vez no precipicio.

A destacar unhas cousiñas, non sabemos sacar de banda, Taylor un desastre e K.C. parece contaxiado. Non haberá uns minutiños para Luka, eu creo que o rapaz pode aportar. O noso estado mental non é o mellor, marchamos dos partidos, concentración daquela maneira. As rotacións Lolasas, Trey nin convocado, Lukita e Ndour nin xogaron, minutadas para outros,  mi no entender.  Os comentaristas da cadea privada por favor que demostren menos o seu antimadridismo. E os arbitraxes para certos equipos, que boas son é, manda truco.

Sinceramente quérolle ben a esta xente pero dou o ano por perdido. A Euroliga está case fora, na Liga vamos ter que remar dende o terceiro ou cuarto posto xa que os dous primeiros non chegamos e xa sabemos como son os arbitraxes Acb nos play off para nos. A Copa é unha competición curta , todo pode pasar, pero Rodolfo é moito Rodolfo e dos novos ningún entrou en dinámica.

Sen defensa non hai Lolaso, e sen Rodolfo e Llull parece que tampouco, unha pena xa que confiaba e moito nesta tempada.A veces non é cuestión de bos xogadores , senón de xogadores que se adapten o estilo.  O lado débil xentiña , ese gran descoñecido !

O basket ese deporte no que nun segundo cambia todo.

P.d. Unha pena pregrinar para ver o basket, unha gran pena. 

En artículos anteriores :




No hay comentarios:

Publicar un comentario