Chegou o primeiro
tropezo da Era Zidane e xa se acenderon as alarmas. Non sei que pensaba a xente
xa avisei no artigo de benvida sobre Zizou cambiarían cousas pero o problema é
máis grave ca un simple adestrador. Iso si co Betis non contaba pinchar, pero é
que o Madrid a domicilio é unha festa.
Tampouco hai que
tolear, díxeno por activa e por pasiva, Zidane vai mellorar a Benítez estou
seguro e polo menos con el non pasaremos apuros para entrar en Champions
directos, pero gañar títulos é outro conto. Sen Copa, ca Liga case perdida,
agora xa imposible a sete que son oito co average puntos do Barça non hai nada
que facer. E a Champions depende de moitos factores e o Madrid non está para
esas guerras. Moi grave que un equipo que debe aspirar a gañar todo , aspire a ser terceiro na Liga, vaia fracaso.
Como sempre dixen
Zizou adaptarase mellor o estilo de xogadores que temos. Solo con ver que
Modric volve a ser Modric dou por bo o cambio de adestrador, que pracer
disfrutar a Lukita, con que cara mirarán o resto de xogadores a Modric vendo
todo o que da e que se valeira nos partidos. Agora vese que optamos a gañar partidos por méritos non por vivir unha
ruleta rusa.
Pero non nos
equivoquemos Zidane non vai facer
milagros. Non vai mellorar o estado físico e mental, que moitos están para
psicólogo, de James, nin a Cristiano (
cantos meses levo dicindo que o tíñamos que vender no verán e vos a quitarme a
razón ), nin salvar o cantante Jesé e como non a Danilo ( ou como moitos o
empezan a chamar Dañino ) outro xogador
que me supera.
Neste punto
radica todo, que debe facer o adestrador
? Poñer os que están mellor aínda que sexan moito peores ou tentar rescatar
para a causa a xogadores mellores. Pois un pouco de todo dende a miña modesta
opinión.
Por exemplo o
domingo tiña que xogar Carvajal titular seguro . Perdía a Bale e non podía
cargarse a dous da banda dereita o mesmo día e menos como visitante, era con
Bale e Karim o mellor dos dous partidos anteriores. No tema James pois
comprendo máis, entre el e Jesé pouca diferenza. Pero iso si, ten que pensar en
Kovacic e Lucas Vázquez tamén , dous xogadores que sempre o fan ben.
De feito creo que
o partido do domingo quitoulle a careta a moitos xogadores. Non están para
esixir titularidade nin cabrearse cos
cambios. O equipo está feito un trapo físico, o 90 % penosos. Impaciente por
ver quen xoga fronte o Espanyol, si tivo
a súa oportunidade Danilo e James, porque non Lucas ou Kovacic.
De Cristiano
pouco vou dicir si xa o levo hateando dende Xuño, solo que si o expulsan
algunha vez e por moitos partidos
facíanlle un favor o Real Madrid, así de claro. En Liga creo que solo
marcou en dous partidos a domicilio, como moito tres e un deles foi o carro que
lle fixo o Espanyol. Igual está semana repite, pero cando non fagan falla e
volverá a súa plebe a falar del.
Neste home radica
o principal problema do Madrid, se non podemos sentalo e xa non marca as
diferenzas é iso un problema. Un proxecto no Madrid necesita novos líderes e
iso si que todos se sintan con posibilidades de xogar por méritos, senón mal
vamos. O proxecto Zidane nin é tan sólido como dicían fai dúas semanas , nin tan
gaseoso como din hoxe. Simplemente é un proxecto que con Cristiano e algún máis
no barco é imposible de dirixir por moito que queira el, nin máis nin menos. E
si Flo interfire xa nada. Unha idea véselle pero a metade de tempada e con algún xogador que espero e desexo que non queira que continúen pois en fin, difícil.
P.d. Encántame o de Liga perigosamente preparada, nótase ben. E o de que temos os medios o noso favor tamén. Solo hai que ver como desaparecen dos canales que dan a Liga as xogadas difíciles de certos equipos e nos do Madrid aparecen cámaras por tódolos puntos do Universo. En fin , central leiteira que dicía algún, dame a risa.
P.d. Encántame o de Liga perigosamente preparada, nótase ben. E o de que temos os medios o noso favor tamén. Solo hai que ver como desaparecen dos canales que dan a Liga as xogadas difíciles de certos equipos e nos do Madrid aparecen cámaras por tódolos puntos do Universo. En fin , central leiteira que dicía algún, dame a risa.
En artículos anteriores :
No hay comentarios:
Publicar un comentario