Vou arrincar o
ano cunhas novas palabras do Real Madrid , que suplicio, hoxe volve o modo
hateo pero algo preguiceiro xa que tiro de moitas palabras de outros para poñelas na miña boca. Dame que o luns remata a etapa Benítez, pero xa será tarde, sen Liga, sen Copa e cuns xogadores aínda con máis poder. Todo negativo vaia.
Cada vez que
remato de ver un partido do Real Madrid prométome a min mesmo que non vou
volver a verlles un partido mentras sigan Benítez e Cristiano, ou faga unha
alineación diferente, que tome decisións non que sexa politicamente correcto.
Pero finalmente deixome convencer e volvo a velos para marchar outra vez
cabreado e así nun dejavú constante. O madridista debe estar no bo e no malo,
pero ou cambiamos cousas ou mal vamos.
Creo que eu en
semanas anteriores xa escribín suficiente sobre o tema e non lle vexo solución.
Benítez claramente non é o único problema, pero non era o home adecuado para
conducir este proxecto e menos para reflotalo. Cristiano , Benítez e Florentino
cada un deles poden ter a súa cuota de culpa do noso grave problema enquistado
nun vestiario nocivo en un ambiente aínda máis nocivo.
Benítez non é o
principal problema do Madrid , pero non deixa de ser certo que empeorou o
equipo que colleu, solo Lucas parece estar a un nivel aceptable, un Lucas que
case ningún queriamos por certo. Xogamos de maneira penosa , pero o problema é
que non se olla posibilidade de mellora, incluso todo o contrario, cada día
xogamos peor, calquera equipo nos marea. Xogadores indolentes e un adestrador
obsoleto, son a causa penso.
E nada sigue sen
cambiar, volve a poñer a BBC , que non funciona, e volve a poñer os mesmos 11
que non dan o nivel, con eses once non esperemos ter resultados diferentes. A
min fai tempo que me sobra a C, pero ala eles. O que condiciona o equipo , non
o soluciona no campo. Por moito que se reivindique, que di que fala alí, fala
si pero para min di moi pouco del o que demostra no campo. Pero claro marca
dous goles, falla tropecientos, quere tódalas faltas e tódolos balóns e aínda
hai que alabalo , en fin.
Do vestiario
podre e corrupto que da a impresión que temos non quero falar. Calquera que chegue podrece se non somos capaces de limpialo e o problema é que nos estamos a cargar a xogadores moi potables, entre este vestiario e un adestrador pouco válido. Que ben nos viña
un perfil Chapu ou Masche nel como sempre digo.
Non son partidario de que os xogadores decidan o futuro nin os adestradores do club, de feito son partidario de todo o contrario. Pero Benítez non é o home dende o día 1. O igual que non o eran certos xogadores.
Non son partidario de que os xogadores decidan o futuro nin os adestradores do club, de feito son partidario de todo o contrario. Pero Benítez non é o home dende o día 1. O igual que non o eran certos xogadores.
Para isto me
serven os partidos do Madrid, para cabrearme e desafogarme escribindo, para
pouco máis.
No bo e no malo somos do Real Madrid, eso non o olvido.
En artículos anteriores :
Non retorno.
Dereito, lei, TAD.
Efecto Wanderlei.
Artículos sobre o Real Madrid.
En artículos anteriores :
Non retorno.
Dereito, lei, TAD.
Efecto Wanderlei.
Artículos sobre o Real Madrid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario