Levaba uns días
contestando a todo aquel que me preguntaba polo Clásico contestando o mesmo, Efecto
Wanderlei
, é dicir que vía a volta de aquel partido no que Ronaldinho se cargou a Luxemburgo e puxo a primeira
pedra da marcha de Florentino, pois dez anos despois volveu a pasar.
Pero isto
remóntase a dous grandes erros cometidos no verán e mira que estou cansado de
explicalos a finais de Maio e durante todo Xuño, hoxe toca volver a falar
deles. Esa é a gran lousa que vai cargarse a Florentino aínda que antes cae Benítez senón o tempo.
Pedín
insistentemente a marcha de Casillas
algo que me concederon. A esa arrimeille que me parecía que si querían darlle
un novo impulso e comezar unha nova etapa había que chimpar a Cristiano, supoñía
moi difícil que aceptara un novo rol máis secundario no equipo. As razóns eran
moi simples con Cristiano unha liga
en seis anos parecíame que era pouco que había que darlle un golpe o tema.
Compareino unha e outra vez con Ante Tomic,
moi bos números individuais pero no colectivo non se vían refrendados.
A marcha de Cristiano tiña un dobre poder revitalizar
a Bale, James, Isco ou incluso a Asensio , confío e moito no rapaz, eses debían
ser o novo Madrid. E darlle tamén poder o novo míster, que fora capaz de deixar a calquera no banco sen que llo
reprocharan, iso o grupo nótao e sábeo, ou traballas ou banqueta .
O outro gran erro
foi traer a Benítez, para a
estructura de plantel que ten o Madrid. Non
pegan nin con cola, e por encima é que a min Rafa nunca me entrou. E mira
que entendía que puideran chimpar a Carlo, tirou con 2 Ligas que había que
gañar si ou si , iso é imperdoable ! Pero a quen traías por Carlo ? Emery e
Klopp tampouco pegaban, debía de ser máis un perfil Valverde ou Marcelino e eu daba un nome Zizou, aínda sen
convencerme tiña grandes cousas o seu
favor. Florentino non lle tosería é un home da súa total confianza. Os
xogadores teríanlle medo, o saber que é un home de Florentino e porque impón .
E finalmente porque de saída tería o público a favor, por iso sería o meu
elexido para este tipo de plantel.
Máis se cabe si
lle limpaban a Casillas e Cristiano, con Ramos sempre dubidei non
podo negalo, pagarlle o quería non, pero subirlle o soldo si, Ramos é capaz do
mellor e do peor pero ten algo que sempre necesita un equipo.
Pero agora e
tarde e non hai remedio, non lle hai que facer
! Ca Liga perdida xa non é o momento de Zidane. Agora de perdidos o río !
Benítez cometeu o erro de Mou o día do 5-0 e do que tanto aprendeu o portugués.
Non foi el mesmo, vendeuse !!!!
Ambos fixeron un once para contentar a non sei quen en vez de facer o que lles
pide o corpo que é facer un equipo compacto. Si eu fora Rafa agora que xa estou
sentenciado, faría iso poñer o que me
pide o corpo, o seu Casemiro, o seu Lucas e cargarse os que vexa que non dan o nivel, total vano chimpar en
breve, polo menos morrer a gusto e igual se sae ben e sona a frauta como lle
pasou en Valencia, pois iso.
Difícilmente sen cambio brusco se vai gañar algo esta tempada, fracaso absoluto en Novembro, que
desastre. P.D. Mou dos 5 últimos enfrontamentos co Barça 3 vitorias e 2 empates ollo !
Temos bastantes xogadores fora de punto que igual
necesitan un banquillazo e igual espabilan, non lle queda outra que arriscar
desa maneira, xa que si confía nos xogadores mal vai, eles non o queren.
Porque sinceramente
son os verdadeiros culpables, no
fondo é iso, creo que non saben o que representa levar a camisola do Madrid,
pensan que chegar é a culminación e están equivocados o importante é gañar
títulos con esa camiseta, así de claro. Creo que eles agora tamén están sinalados , o público vainos mirar con
lupa.
O gran problema é
que os xogadores pensan que son mellores
do que realmente son , máis ben do que demostran sobre o campo. Hai que
romperse os collóns e despois esixir e non o contrario , pero nada sen gañar
nada quéreno todo e chimpar adestradores e presidentes se fai falla.
Que bos somos , que tanto criticamos e falamos por detrás e despois cando saltamos o
campo damos vergonciña, pero esiximos minutos e sempre é culpa do adestrador. E de regalo como hai moinantes
detrás que nos quentan as orellas
xa que lles vai ben iso de mal-meter, incluso viven deso ou fano por fastidiar
o club o que din querer pero é totalmente o contrario , que non vos enganen
señores xogadores solo vos utilizan. Sería interesante que un xogador se parase
a pensar o que fai nos adestramentos
e nos minutos que xoga, non creo que
un adestrador non o poña por fastidialo, normalmente farao porque pensa que é o
mellor para o equipo, aínda que se equivoque.
De Florentino e demais falarei noutra ocasión ou baixades
no blog e leedes o que xa dixen outras veces. Iso si os programas nocturnos e
os periódicos estarán que saltan, mira que van ter temas para estas semanas. O
día que se limpou a Carlo dixen que Florentino
arriscaba moito xa que quedaba sen escudo, para el era máis fácil quedar
co italiano, dáballe un ano de marxe, por algo o faría, e mira que lle dei unha
oportunidade a Benítez sen tragalo,
pero víase a leguas que non era o home, agora xa foi. A prensa biliosa co seu mal facer acercame a Florentino en vez de alonxarme como pretende facer, manda webs !
No hay comentarios:
Publicar un comentario