domingo, 8 de noviembre de 2015

Dejavú Benitiano !

Este blog naceu para días, neste caso noites coma de hoxe, desafogarme cando vou cun cabreo sideral para a casa despois de ver un novo partido lamentable do Real Madrid. Creo que vivo nun Dejavú e isto xa o escribín con Pellegrini, Mou, Carlo, Laso.


Por onde empezar, non sei pois por Benítez mesmo, culpable coma moitos de feito case todos son culpables . Dixen o mércores que debía rotar e bastante para hoxe e non me fixo caso e pasou o que pasou. Falar a partido pasado é fácil pero xa o dixen. Ademais dos cambios que fixo, era o partido para quitar a Isco ( está mamado ) e poñer a Lucas e sacar a un do trivote e poñer a Kovacic, que foi de Kovacic por certo. E xa é grave que sen tragar a Benítez, que non o trago, lle dea oportunidades e marxe de confianza solo por ser o adestrador do Madrid e polo que lle pega a prensa.

Culpable tamén Rafa xa que estando  Cristiano a este nivel lamentable e que xogue tódolos minutos, pois iso que levo dicindo dende que chimpamos a Carlo, aproveitando debería ir con el Íker e Cristi. Xoga sempre, non rota, quéreas todas….. o dito sen el os roles cambiarían. E o raparigo reclamando un penalti coma un tolo, que foi por certo, no minuto 91 pero para sumar na súa estadística non pensedes que era por remontar, si se puxera a tono e se deixara  caralladas , de pintar a mona con  Blanc e Al Kelaifi ou como se chame.

Casilla deulle vidiña tamén a un Sevilla case morto que xa non cría e co público nervoso, cas súas saídas o estilo do que ten unha S máis no apelido, e eu que dicía que era mellor ca Keylor, xa non sei nin para que sigo escribindo, visto o visto.

Algo que levo tempo dicindo tempo tamén é  que Ramos mestura ben con Varane e Pepe, pero como el non sexa un dos dous sufrimos moito. A razón que xogamos mínimo 10 metros máis atrás e que ningún dos outros dous manda o que manda el. Sabendo que Ramos é un sobrado , a pifía bastante  pero en partidos chave é importantísimo, ten carácter.

Danilo, suma e sigue na miña lista de hateo, vaia desastre , vaia desastre. Salvar , salvar eu salvo a Modric que quería tirar do carro pero ningún o seguía, Bale un pouquiño. Estamos a un nivel físico estilo Carleto en primaveira, dantesco. Se lle sumas a Isco que non axuda, pois branco e en botella.

E vou pegarlle a un que todo mundo está a ensalzar e eu vino fatal, desastroso, sen alma e andando polo campo, pero igual cruceino cando entrou e se preocupou máis en pintar a mona falando con Isco ca en entrar. Si James, si ! Por moito gol que marcara, deume vergoña velo, sinceramente, acababa de entrar e xa andaba, pareceríanlle poucos minutos para ir a Colombia ou que,  polo menos Jesé corrio. Eso non quita que pense que James, Bale e quizais Isco deben/ debían liderar o novo Madrid. Sen esquencer a Varane, Kroos e Asensio.

Pinchar hoxe, era factible aínda que non debíamos  pero o que non se perdoa é a actitude do equipo. Foi un comportamento indigno, resignado, lamentable . Imperdoable esa actitude !!!! A ver si lle están a facer a cama a Benítez ? Vin moito xestiño que non me gustou, sinceramente, e os últimos  15 minutos de vergonza. Ou non queren a Benítez, ou Benítez non sabe colocalos  ou estamos fatal físicamente ou unha mestura de todas  que tamén é posible.

Ala , xa foi, tralo partido e sen contaminar, igual nunhas horas vendo novas imaxes e declaracións teño que comerme as palabras pero así son máis sincero.

O mércores escribín Gegenpressing.






No hay comentarios:

Publicar un comentario