A veces unha
vitoria ten un sabor agridoce, iso foi o que lle pasou onte o Real Madrid. Si,
gañou, importante vitoria non cabe dúbida, asegurouse o pase e ten ser primeiro
de grupo a tiro de pedra. Non debemos esquencer que o Real Madrid sigue moi mermado polas lesións. Pero a imaxe
invita e moito a autocrítica e de regalo a lesión de Marcelo.
Polo tanto vamos a desenrolar algo o tema. O partido
foiche ben curioso xa que o Real Madrid levou un baile , pero Trapp tivo que intervir con máis perigo ca
Keylor, os tiros do PSG pasaban cerca dos paus ou deron nos paus pero
Keylor non os tocou.
Non podo ver
normalmente o equipo, sobre todo se xoga sábado. Polo tanto estouno seguindo
máis en Champions que outra cousa. Sinceramente do que lle vin por Europa, solo
me gustara en Paris, parece mentira non ? o resto de partidos que lle vin o
Madrid non me gustou nada.
Que pasou en
Paris, pois algo moi simple o equipo estivo moi xuntiño e compacto e presionou
arriba a saída de balón. O que en Alemania chaman “gegenpressing” ( non confundamos con Jalojuín que iso é doutro equipo , mira que escoitei esta palabra nos últimos días.
Para min esa é a gran clave do Real Madrid se quere triunfar. Ou
rouba en saída de balón ou xa se pode
olvidar, xa que son incapaces de roubar noutra parte do campo. Se non rouban
arriba , non lle rouban un balón o arco iris, así de claro e simple.
Pois onte pasou
iso, parecíamos o Madrid “random” de
Carlo nas primaveras, aquel equipo fundido que sempre chegaba un segundo tarde a todo. Cos de arriba
non apretando e ca rara circunstancia de que Kroos era a punta de lanza na
presión, aínda agora non o entendo. Non recuperas, corres detrás do balón,
fúndeste e despois cando tes a bola como xa non tes osixeno no cerebro perdela
facilmente e de regalo nunca estás no sitio adecuado no momento adecuado.
Malía todo non
vou culpar a ninguén en particular xa que non me gustou case ningún, salvaría a
Varane e pouco máis, ata os meus
queridos Kroos ( non se atopa con
Benítez ) e Modric estiveron mal o meu
entender.
Mención aparte
debe ter Cristiano vou deixar de
“hatealo” xa, pero visto lo visto cando recuperemos xente que esa é outra (
aquí lesionase ata o delegado ) debe entrar na rotación se quere facer
algo pola vida e deixarse de records absurdos e patrañadas que viven na súa
cabeza.
Estou comezando tamén a ver que Danilo non é o que
me vendeu algún que outro barcelonista, si culés ,foron os que me dixeron que
era un gran fichaxe, ata agora non me convence, faime dubidar. Aínda que empezo
a dubidar de case todos segundo o día, incluído outro dos meus protexidos coma
Bale. Despois de Cristiano de momento están Isco e Danilo coma próximos “hateables” , darémoslle uns partidos. A
tempada pasada eran Íker e James e xa vimos o
que nos da James.
Por certo ,
culpamos a Carlo de tanta lesión en anos anteriores e creo que este ano vamos a un ritmo aínda
peor, levamos 12, ata Keylor anda tocado xa que onte o final tiña que sacarlle
Ramos o máis puro estilo Liga da Costa dos nosos ancestros. A ver si a culpa vai ser de outros !!! Se a lesión é de Marcelo, peor aínda xa que é
o único que non ten sustituto puro, creo que entre Danilo, Nacho e Denis terán
que probarse segundo o partido pero claro con Carvajal lesionado estamos nas
mesmas.
Para rematar vou
falar algo de Benítez, nunca foi do meu
gusto, para min é o Mou “random”, peor aínda co actual plantel do Real
Madrid, que non me pega nada co seu estilo. Pero subín o seu barco , despois de
que o atacaran tanto de tódolos lados, máis por cariño o Real Madrid que por
outra cousa.Partidos coma o de onte non
axudan nada a que crea en el. Espero e desexo que o domingo en Sevilla faga
dúas cousas, que cambie pernas frescas,
temos baixas si, pero hai xente no banco que pode axudar perfectamente e que
faga “gegenpressing” ou presionamos
arriba ou somos un desproposito.
Onte estaba moi
cabreado, hoxe solo espero que fora un mal soño e que aproveitemos a
tranquilidade que a sorte nos deu . Temos
lesionados e en Maio se caen títulos poucos se acordan de partidos coma o de
onte, pero hai que sacar lecturas e
aprender deste tipo de partidos coma sempre di Modric. Sacar resultados , aprender dos erros, traballar para mellorar e ter
ganas de mellorar. Domingo espero ter a oportunidade de volver a velo, a
ver si vou ter que largarlle outro artigo luns !
En episodios anteriores sobre o Real Madrid :
No hay comentarios:
Publicar un comentario