Queda claro que
si un servidor non hatea a Laso isto non funciona, esta tempada que o ía deixar
tranquilo ata Xaneiro pero non hai maneira rapaz, vou ter que seguir a liña de
anos anteriores. Nestes tempos que corren nin ando moi hateador de Lolaso, nin
moi fresco de ideas, será porque teño que peregrinar para ver partidos de
basket vaia peniña por certo, pero onte
empecei a cabrearme o estilo de velos na casa.
Estamos en
problemas e serios na Euroliga, despois da derrota de onte camiñamos cun
balance de 2 vitorias e 4 derrotas en seis partidos, o ano pasado dos vinte
primeiros de Euroliga solo perdéramos tres. O grupo e o verán non axudaban pero
non se podía perder en Estrasburgo que despois pasa o que pasa.
Que significa
isto, que ou ganamos tres partidos ou seremos a risa de Europa, despois de
gañalo todo. Non chegar o Top 16 sería unha vergoña, pero caer a Eurocup case
máis e como quedar fora da Champions e xogar a Uefa, iso vale para outros
equipos pero nunca para o Real Madrid, sería un fracaso, polo menos iso entendo
eu.
Meu “querido”
Lolaso anda tocado, as saídas de K.C. e Marcus furáronlle os esquemas, ademais
de xogar o Mundialito ese do patacón que nos fixeron xogar. Con case toda plantilla sen pretempada ir a
Brasil, fíxonos un bo furado e sobre todo o mister xa que lle xogaban minutos
importantes e máis K.C. nestes meses, penso que Marcus este ano tamén os
xogaría.
Laso non da co
seu equipo, e fai unhas rotacións moi raras. Minutadas para Llull, Felipe, Ayón
e Rudy a Chacho tamén lle chega, a este ritmo vainos fundir. Si Lukita e Willy
non xogan en Europa, non entendo o de Willy uns minutiños en partidos chungos
pode xogar creo eu e Lukita tamén. Súmalle que o Chapu anda mal, onte 2 minutos
solo, temos unha rotación de 9. Maciulis moi ben non anda tampouco, e Trey
pouco defende, temos unha rotación interior moi deficitaria. Taylor da defensa
pero aínda está sen confianza en ataque.
Creo que ese é o
noso gran problema, xa que Marcus defendía moito e tiraba dos outros. O Madrid
agora defende mal o que o fai ir a remolque e como non andamos ben físicamente
a cabeza non da e atacamos bastante mal tamén. De feito onte o partido perdeuse
en que arrancamos sen defender o que nos fixo ir a remolque todo o partido. E
despois cando apretamos quedamos sempre as portas, sobre catro ou cinco ataques
seguidos para igualar o final que desperdiciamos, medo instalado no equipo
quizais ou ansiedade. Hai que dicir que tivemos no terceiro cuarto creo un minuto que nos adiantamos pero pouco
durou. Tamén conta que erramos 10 tiros libres e 21 triplacos, case nada vaia,
contra un moi bo equipo iso págase.
Vexo o tema de
pasar na Euroliga moi pero que moi complicado , temos un problema de rotación
interior moi importante e nótase na defensa. Con Willy, Trey, Lukita, Chapu e
Maciu bastante mal de confianza de regalo. Lolaso espabila senón queres que
entre a saco. A directiva tamén errou non sei porque non ven o sustituto de Marcus
cando marchou, en Xaneiro fora da Euroliga de pouco vale.
P.D. Esta tempada
gústame bastante o roster do Valencia Basket vai aspirar a todo e penso que
Pascual tamén fixo un roster a súa medida, excepto Arroyo, non vexo o boricua
nun sistema de Pascual pero o resto do equipo é moi del, un equipo que vai ser
bastante duro.
P.D. 2 : O dos arbitraxes tamén é de traca pero non pode ser excusa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario