jueves, 23 de abril de 2015

Soto - Fisober. 8-0.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : V.P.  SOTO DEL REAL – FISOBER F.S.F. : 8-0.

SOTO : Elena, Patricia, Ana B., Senis  e Coral ; tamén xogaron : Martica, Patri, Laura e Tayra.

FISOBER : Leti, Inés, Ana, Noelia e Tamara ; tamén xogaron : Andrea Muíño, Raquel e Laura.


ÁRBITROS : Miguel Sánchez e Ángel Gómez ; CRONO : Vanessa Rodríguez.

GOLES : 1-0 Noelia en propia porta, 2-0 Coral, 3-0 Patri, 4-0 Senis ; ( descanso ) , 5-0 Tayra, 6-0 Tayra, 7-0Patri, 8-0 Patri.

Visitaba na tarde do sábado a pista do Soto del Real o equipo do Fisober e repetiu o resultado da primeira volta un contundente 8 a 0.

A pesares das baixas, do longo viaxe e do difícil do rival o equipo non se rendiu en ningún momento e loitou ata o final a pesares do resultado. Nun partido que por primeira vez viaxaron xuntas a un desprazamento a domicilio, Laura, Andrea Muíño e Tamara. E que tivo a curiosidade que o Fisober vestiu de vermello moito tempo despois.

As locais saíron moi fortes conscientes da importancia dos puntos se queren volver a División de Honra, buscando as opcións de promoción ca que están a loitar co Valdetires galego.

O partido foi de dominio local, cunhas  visitantes tentando sacar algo a contra. Os catro minutos un desafortunado rexeite de Noelia  entraba sen remisión na porta de Leti, que realizou un gran encontro ante o acoso local.

A pesares do dominio e das ocasións o resultado permanecía inalterado desde ese minuto, grazas o excelente traballo defensivo e o esforzo do Fisober. Ata que a cinco para o fin desta primeira metade Coral facía o segundo.

Ante o acoso sufrido o Fisober decidiu arriscar  , mesturando  atacar  de cinco tras este gol, con repregue, e conseguir ter algo de posesión de balón e sufrir algo menos.  O principio sorprendeu e tivo algunha que outra ocasión. Pero as locais aproveitaron os riscos para poñer o terceiro e cuarto , obra de Patri e Senis nos dous derradeiros minutos.

Na segunda metade mesmo guión dominio local e o Fisober mesturando de vez en cando o ataque de cinco. No minuto tres e catro desta segunda metade Tayra facía dous goles para o seis a cero.

A pesar deso as costeiras non se rendiron e continuaron a traballar durante todo o partido, buscando algunha ocasión que lles fixera estrear o electrónico. O que si chegaron foron  dous novos goles de Patri case consecutivos a falla de seis para o fin, que puxo o definitivo oito a cero.

Dende aquí ata o final ocasións para ambos lados pero o resultado non se alterou.


En definitiva gran experiencia para as xóvenes xogadoras do Fisober que sufriron e a vez disfrutaron  de enfrontarse a un rival dese nivel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario