lunes, 27 de abril de 2015

Fisober - Valdetires.0-5.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – VALDETIRES FERROL F.S.F. : 0-5.

FISOBER : Leti, Ana, Inés, Noelia e Laura ; tamén xogaron : Mai, Raquel e Tamara.


VALDETIRES : Nerea, Sheila, Alba, Diana e Belén ; tamén xogaron : Eva, Erika, Ale de Paz, Andrea de Paz, Iria e Jenny.

ÁRBITROS : Alfredo Castro e Rubén Ferrero ; CRONO : Javier Sánchez.

GOLES : 0-1 Eva, ( descanso ), 0-2 Erika,  0-3 Erika, 0-4 Alba, 0-5 Erika.

Partido disputado no Pavillón de O Conco de Dumbría na tarde do sábado xa que o Pavillón de Vimianzo estaba ocupado ca xuntanza dos maiores.

Necesitaba tres puntos para acadar a permanencía o Fisober e non era o mellor dos visitantes para acadalo, un recén descendido e xogándose praza para a promoción de ascenso, parecía un difícil rival.Aínda así tentouno o conxunto costeiro.

Os dous equipos  saían a pista moi necesitados . Dominio visitante e unhas locais que tentaban crear perigo a contra.As departamentais dominaban o partido pero non poñían en excesivos apuros a meta defendida por Leti grazas o excelente traballo das súas compañeiras.

Así foron pasando os minutos , ata que no sete apareceu Eva para adiantar as visitantes. A pesares do gol pouco mudou o guión do partido. Dominio visitante e bo traballo defensivo das costeiras esperando a súa oportunidade.

Co resultado de cero a un chegouse o tempo de lecer.

Na segunda metade pouco mudou o escenario. As visitantes seguían a ter o control do balón pero  sen  moito perigo sobre a porta local.

No minuto 27 produciuse a xogada que puido ser chave no partido, unha contra das costeiras pillou despistadas as visitantes e Raquel tivo a oportunidade para igualar o electrónico, pero o seu lanzamento foise cruzado por pouco.

A resposta visitante non se fixo esperar e solo un minuto despois Erika sacaba a súa zurda e  facía o cero a dous, e máis cando dentro do mesmo minuto a mesma Erika facía o terceiro gol visitante e mataba o partido. O golpe moral e o físico foi moi duro para as costeiras.

Co paso dos minutos acrecentouse o dominio visitante. A cinco para o fin Alba facía o cuarto e a tres para o fin Erika, que chegou a ser internacional con España a tempada pasada,  completaba a súa tripla de goles.

Rematando o partido co cero a cinco definitivo.

Agradecer o Concello de Dumbría polo exquisito  trato recibido e por tódalas facilidades dadas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario