lunes, 27 de abril de 2015

Villa de Cee - Fisober B. 2-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : VILLA DE CEE F.S.F. – FISOBER “B” F.S.F. : 2-2.

VILLA DE CEE : Belén, Adriana, Alba, Andrea e María Dumbría ; tamén xogaron : Sandra, Marta, Carla e María Lijó.

FISOBER B : Alejandra, Nuriña, Paula Fandiño, Andrea Muíño e Laura ; tamén xogaron : Tamara, Andrea Piroja, Antía e Paula Lema.


ÁRBITRO : J.M. Carreira , CRONO : J. Fernández.

GOLES : 1-0 Andrea, 1-1 Laura, ( descanso ), 2-1 Tamara en p.p. , 2-2 Laura.

Partido xogado na noite do venres no Pavillón de Cee adiantado o a vindeira xornada 25. O filial do Fisober aprazou o partido correspondente a xornada 24 que o debía enfrontar o C. Meca herculino.

O derbi costeiro adiantábase a noite do venres de mutuo acordo entre os dous equipos, nun partido que resultou ser igualado , que non se decidiu ata o último segundo e que tivo unha parte para cada equipo.

Arrancou ben o filial do Fisober , que quixo o dominio do balón de saída, vendo como as locais preferían esperar para saír a contra.

A pesar do dominio visitante iso non se traducía en ocasións moi claras. Tampouco as locais chegaban con excesivo perigo a contra. Así ían pasando os minutos sen moverse o electrónico.

Ata que mediada esta primeira metade un lanzamento despois dun saque de banda de Andrea adiantaba o conxunto local.

Non desesperaron as visitantes tentando igualar o electrónico, que ademais perdían por lesión a infantil Paula Fandiño. E foi a catro minutos para o tempo de lecer cando despois dun lanzamento de saque de banda Laura aproveitou o rexeite para igualar o partido.

Saían os dous equipos dos vestiarios despois da igualada da primeira metade. Pero cambiaba o guión, as locais decidiron ir a polo partido e arriscaron máis.

Pasaron a levar o dominio do partido as locais, pero o igual que na primeira metade para o filial do Fisober as ocasións non eran demasiado claras. A máis clara un lanzamento o trabe de Andrea.

Pasaban os minutos e o resultado non trocaba, ata que unha desafortunada xogada de Tamara introducía o balón na súa propia porta e desfacía a igualada a falla de sete minutos.

Debía de asumir riscos o filial e as locais tentaban sacar vantaxe da situación. Pasaban os minutos e parecía que nada ía trocar. Ata que nos últimos segundos o filial decidiu sacar o xogo de cinco.

E por unha vez despois de tantos partidos que se escapaban pola mínima a fortuna quixo aparecer para o filial, xa que un lanzamento de Laura no último segundo fixo xustiza e deixou a igualada no electrónico.


Co cal o xoven filial, participaron 2 xogadoras infantís e 3 cadetes as cales sempre aportan o seu gran de area,  acumula tres xornadas sen perder por primeira vez na tempada, mostrando a súa mellor faciana nestas derradeiras xornadas. Parece que xogar de branco as 2 últimas xornadas deu sorte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario