jueves, 19 de febrero de 2015

Regreso o pasado.

Despois de verlle os dous  últimos partidos o Real Madrid podo dicir que parece que estou a vivir un Dejavú, un retorno o pasado aquel no que xogábamos andando, máis concretamente o ano de Queiros pero podería ser perfectamente calquera ano anterior ou posterior.


O mellor sen dúbida o resultado, nestes momentos ir sacando os partidos adiante é moi importante , confiando nun tempo mellor pero algo non me convence.

O equipo da a sensación de estar fundido o estilo do ano de Queiros cando todo se desmoronou nos últimos meses. Xogadores sen chispa, apáticos, non sei como explicalo pero non desprenden a ledicia e o ritmo de xogo previos a lesión de Lukita. Aínda que se seguiu gañando sen el , xa todo foi costa arriba.

Todo moi similar o final de tempada pasada co Lolaso cando despois da Final Four fixemos crack, así estou a vivir isto. Estamos xustiños, xustiños. Salvounos enfrontarnos a Depor e Schalke. Solo Isco, Bale e quizais Marcelo parecen ter outro ritmo, unido a personalidade de Pepe claro.

Hai que dicir tamén que non tivemos moita sorte cas lesións , e nunca saberemos como rotaría Carlo de ter a todos, pero o fútbol é así , hai que sobrepoñerse as circunstancias.

Hai que pasar este mes como sexa, recuperar xogadores, pasar  a cuartos e chegar por diante o Camp Nou . Como sexa !

Pero si de algo me dei de conta estes partidos  é da importancia de Pepe e do Churu ( sobre todo de Xaneiro para adiante que é cando se poñe serio ). Varane é un grandísimo central de complemento con calquera dos dous, pero aínda non é un líder. Notouse ben !

No equipo nadie daba un berro, nadie insulta, nadie regaña, nadie corrixe. 11 mortos andantes sen personalidade ningunha, algo que lle sobra a Pepe e o Churu. Onte a defensa xa parecía outra solo poñendo a Pepe, esa lixeira melloría si a vin.

Unha puntualización co tema Casillas, xa sabemos que nos últimos tempos non é santo da miña devoción e que os seus amigos periolistos non lle axudan nada. Pero non creo que sexa o maior problema do Madrid a día de hoxe, como andar novamente con esa polémica, toca remar todos xuntos e listo. Ademais nadie para ca mirada como o fai el, iso non se adestra señores é innato.

Dicía Morata que era impensable que pitaran a Pirlo ou Buffon na Juve, eu miro dende o punto de vista que a esixencia no Real Madrid é máxima debe sabelo el ben. Carlo como non gañe nada vai para a rúa seguro a pesar de traer a ansiada Décima. Isto é o Real Madrid, así de simple ! Respetalos mitos sempre, eso non debemos esquencelo, pero darlles caña se fai falla tamén.  Esperemos a Xuño e falamos, deamoslle un marxe a Carlo aínda que non me gusta nada o tema.

P.D. Illarra de interior non convence, gustaríame un día velo de mediocentro, e Lucas Silva tampouco me convenceu por moito que fora o seu primeiro partido, ten o ritmo de Brasil e creo que para esta tempada xa non lle vai dar tempo a cambialo.

Volve Lukita.



No hay comentarios:

Publicar un comentario