lunes, 9 de febrero de 2015

Ártabras - Fisober B. 2-0.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : ÁRTABRAS FENE – FISOBER “B” F.S.F. : 2-0.

ÁRTABRAS : Stefa, Andrea, Cintia, Antía e Claudia ; tamén xogaron : María , Uxía, Almu, Thalia e Marta.

FISOBER B : Alejandra, Andrea Muíño, Paula Fandiño, Nuriña e Andrea Piroja ; tamén xogou Antía.


ÁRBITRO : J. Juan Romaus ; CRONO : Alejandra Bujía.

GOLES : 1-0 Antía, 2-0 Antía , ambos na primeira metade.

Partido disputado na tarde noite do sábado no P.M. San Valentín de Fene.

O equipo costeiro acudía cheo de baixas solo puido desprazar 6 xogadoras en condicións de xogar ,  pero cheo de ilusión e cargado de “chiquillada”, das seis xogadoras cinco eran de quince ou menos anos, bo partido para foguearse fronte a outro equipo cheo de xuventude como as Ártabras.

 Ademais por terceira semana consecutiva Alejandra tivo que poñerse baixo paus ,algo que empeza a non ser noticia,  rendendo  a moi bo nivel.

O filial do Fisober arrancou o partido moi dubitativo e nervioso e pagouno . O dominio local reflexouse con dous goles de Antía nos primeiros dez minutos. Ese dous cero inicial foi unha lousa para as da Costa.

A pesares de que non pasaban excesivos apuros dende os goles, tampouco asustaban en exceso  a porta local.

A ocasión máis clara por banda das da Costa nesta primeira metade foi para Nuriña pero non logrou acadar o obxectivo . Chegándose co 2-0 o tempo de lecer.

Entraron as costeiras na segunda metade con moita mellor actitude , máis concentradas, ordenadas e mellor defensivamente.

O partido seguiu co ritmo dos últimos minutos da primeira metade sen demasiadas ocasións en ningún dos dous bandos.

Nos últimos minutos do partido Andrea Muíño e Nuriña tiveron boas opcións para lograr un gol que as puxera no partido pero non foron quen de materializalas.

A vindeira semana a Liga descansa o que virá ben o equipo para ir recuperando xogadoras si é posible. O vindeiro encontro será coma local o día 21 de Febreiro fronte o Grupo Work coruñés.


No hay comentarios:

Publicar un comentario