lunes, 2 de febrero de 2015

Fisober - Chiloeches. 0-3.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – CHILOECHES : 0-3.

FISOBER : Leti, Raquel, Mai, Noelia e Myrella ; tamén xogaron : Andrea Muíño, Laura, Tamara e Andrea Piroja.


CHILOECHES : Carmen, Cristina, Ana, Elima, Laura ; tamén xogaron : Cris, Rocío, Alba.

ÁRBITROS : Oliver Cardero e Miguel Ángel Crestelo , CRONO : Pablo Guntín.

GOLES : Co 0-0 chegouse o tempo de lecer ; 0-1 Elima, 0-2 Cris, 0-3 Ana.

Partido disputado na tarde do sábado no Municipal de Vimianzo, as lesións no cadro costeiro provocaron que ata catro xogadoras do filial disputaran o partido , co  debut de Andrea Muíño e Andrea Piroja en Segunda División,  Tamara que  disputaba  o seu segundo partido na categoría e que Laura esta xa máis habitual tamén gozara de  minutos.

E como a can fraco todo son pulgas, a tronada matutina queimou o marcador e o partido tivo que disputarse con crono manual.

A  pesares dos inconvintes tanto as xogadoras do primeiro equipo , como as do filial que completaron a convocatoria realizaron un gran encontro e tiveron serías opcións  de que os puntos se quedaran en Vimianzo onde o equipo aínda non puntuou.

Comezou o partido moi igualado, con dous equipos moi concentrados sabedores de que o que se puxera por diante tería moito terreo ganado.

Así chegaron as primeiras ocasións en ambas portería pero as porteiras sempre saían vencedoras. O marcador non quería moverse.

Co paso dos minutos fóronse acumulando cada vez máis ocasións en ambas áreas pero sen o froito desexado. Noelia, Raquel e Andrea Muíño tiñan as mellores ocasións para as locais.

Co resultado de igualada a cero chegábamos o tempo de lecer.

A segunda metade seguía polo mesmo camiño da primeira e quedaba claro que o equipo que acertara ca portería contraria primeiro se ía levar o partido.

A xogada chave puido ser unha ocasión que tivo a debutante Andrea Muíño que a piques estivo de adiantar as costeiras.

Pero os 28 minutos a visitante Elima aproveitaba un rexeite para poñer en vantaxe as alcarreñas.

O gol foi un duro golpe  para as locais, que a pesares de todo seguiron percutindo na porta contraria aínda que cada vez deixaban máis ocos. Froito diso a cinco para fin do partido Cris poñía o segundo gol visitante.

Tralo gol e a falla de cinco minutos o Fisober decidiuse polo ataque de cinco adiantando a Leti. Pero non deu o froito desexado e incluso a trinta segundos para o fin Ana facía o definitivo tres a cero.

Malía a derrota hai que quedarse co bo partido realizado e o debut de xogadoras do filial en Nacional  que sempre é unha ledicia para o clube.


A vindeira semana toca viaxe a terras madrileñas novamente desta vez a Simancas ca esperanza de recuperar algunha xogadora e non perder a ningunha.

No hay comentarios:

Publicar un comentario