jueves, 12 de febrero de 2015

Party hard.

O sábado non vin o partido, pero solo escoito comentarios negativos sobre o Real Madrid o que unido o mal que os vin no partido fronte o Sevilla e a festa do cumple de Cristiano, polo tanto  decidinme a escribir algo. Antes pensei en reler os artigos sobre o Real Madrid desta tempada e vin que coma Nostradamus  non ía deixarvos nada novo así que linkarei os artigos da 14/15.


Iso si unhas  puntualizacións si que vou facer. A primeira claro que Cristiano ten todo o dereito a celebrar o seu cumple a pesares do lamentable partido que din que fixeron no Calderón. E se hai algún xogador do Real Madrid do cal non dubido a súa profesionalidade é el. Pero debeu de ter máis olliño cas fotos e vídeos. Foi como cando suspendes tres no instituto e sales de festa igual, os  teus pais moi ben non lles parece, realmente non creo que che deixaran.

Como dixo Álvaro Benito : “ Lo primero que me dijeron cuando entre en el Real Madrid : En este club debes ser jugador las 24 horas del día.”

Caso distinto son os de James , Khedira e Coentrao. O colombiano despois de operarse dous días antes pois non quedou moi ben retratado. Por certo James un xogador que non me entraba moito polo ollo pero que vamos notar. Buff  con  Khedira e Coentrao xogadores dos que nun pasado sempre falei ben e que no seu momento os defendeu ,pero  xa pasa de castaño oscuro.

Do alemán xa dixen que dende o momento que non quixo renovar, debería pasar a ser o último nas rotacións, algo que Carlo non entende. E co fumetas igual sempre lesionado, que tio. Polo que a min respecta solo deberían vestir a camiseta do Real Madrid coma último recurso así de claro.

Os que renunciaron ir a festa, caso Bale e Kroos di moito por eles, nótase que son doutra pasta e doutra filosofía de fútbol e que aínda non os malearon.

Para finalizar os adestradores caen unha e outra vez nos mesmos erros, queiman os xogadores para salvar o seu cuíño e deberían saber que a partires destes meses cando empezan as lesións, sancións e demais serán os do banco os decisivos e si os tes inéditos pouco poden axudar.

Ca de partidos ramdons que tivo Carlo para darlle descanso a Kroos e compañía e dar minutos a Illarra e Cía. Aínda bo foi que fichamos a Lucas Silva e temos un xogador máis , porque o equipo está realmente xusto de efectivos para a parte difícil do calendario. Carlo ten crédito pero aquí pérdese nun día que llo pregunten a Queiros.

Por favor non  é cuestión de sistema senón de compromiso e traballo, en Munich xogaron os mesmos pero deixáronse as pelotas, así de claro. Rompelas no campo non nas tarimas.
Faríamos mal escudándonos , nas 10 Champions, no de que seguimos líderes e sobre todo como dixeron outros “ con lo que nos han dado” , autocrítica e compromiso é a receita. No Real Madrid o pasado é Historia e o presente busca entrar na Historia .  Bueno e que volva Lukita dunha vez por favor.


Como dixen aquí están os links premonitorios :






No hay comentarios:

Publicar un comentario