lunes, 16 de febrero de 2015

Fisober - Humanes.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO: FISOBER F.S.F. – HUMANES C.B. . 2-6.

FISOBER : Leti, Noelia, Tamara, Myrella e Inés ; tamén xogaron : Laura, Raquel e Mai.


HUMANES : Lidia, Alexandra, Sandra, Yobanca e Rocío ; tamén xogaron : Sara, Cristina, Verónica e Diana.

ÁRBITROS : Julio Castelao i Estaban Otero ; CRONO : María Jesús Mallo.

GOLES : 0-1 Verónica , ( descanso ), 0-2 Yobanca, 0-3 Sandra, 0-4 Cristina, 1-4 Raquel, 1-5 Alexandra, 2-5 Noelia, 2-6 Sandra.

Partido disputado na mañá do domingo de Entroido no Pavillón Municipal de Baíñas, pero nin o inhabitual horario matutino , nin o cambio de Pavillón trouxeron os puntos o conxunto local, cun arranque de segunda metade que foi demoledor.

Arrancaban moi fortes as visitantes que xa dispuxeron dun lanzamento o pau no segundo minuto. 
Dominio do xogo das madrileñas cunhas locais que se defendían na media pista.

A pesares do dominio visitante , non acadaban ocasións claras e de facelo sempre aparecía Leti moi segura.

Con ese guión foron pasando os minutos , sen que nada cambiara e cunhas locais que apenas asustaban a gardameta madrileña.

Foi no minuto trece cando por fin as visitantes atoparon un oco que aproveitou Verónica para poñer o cero a un no electrónico.

Tralo gol non cambiou moito a película do partido desenrolándose de maneira parecida a anteriormente.

A pouco máis dun minuto para o fin desta primeira metade apareceu a mellor ocasión para as da Costa cando un lanzamento de Noelia quedou perdido na área e Inés viu como a porteira visitante lle  enviaba a saque de esquina a posibilidade da igualada, chegándose co cero a un o tempo de lecer.

A volta dos vestiarios apareceu a outra gran ocasión local para trocar o partido, cando Noelia tivo a oportunidade de poñer de novo táboas no electrónico, pero non foi así.

Quen si aproveitou foi Yobanca os tres minutos desta segunda metade para poñer un cero a dous que foi un duro golpe a frouxa moral local. Co gol a ansiedade apoderouse das costeiras algo que aproveitaron as visitantes.

Xa que primeiro Sandra e despois Cristina puxeron un cero a catro case insalvable os cinco da segunda metade.

Curiosamente co partido perdido chegaron os mellores minutos locais, cun chisco de tolemia e descontrol e con moito corazón apareceron ocasións para as costeiras. Das cales solo foi quen de acertar Raquel a trece para o fin.

Buscaron un segundo gol que as puxera no partido, pero  o que si chegou a oito para o fin o quinto visitante obra de Alexandra e o punto final para o partido.

Dende aquí ata o final un gol local obra de Noelia a dous para o fin e o definitivo de Sandra nos últimos segundos de partido.


A vindeira semana tócalles descansar  as costeiras que volveran a competición o día 28 en Segovia fronte o Unami.

No hay comentarios:

Publicar un comentario