lunes, 26 de enero de 2015

Cruces - Fisober B. 2-1.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : CRUCES – FISOBER “B” F.S.F. : 2-1

CRUCES : Carmen, Ana, Mónica, Tania e Paula ; tamén xogaron : Giselle e Cruz.

FISOBER B : Alejandra, Nuriña, Paula Fandiño, Laura e Tamara ; tamén xogaron : Andrea Muíño, Antía e Andrea Piroja.


ÁRBITRO :  Jorge Fernández  , CRONO : Daniel Brea.

GOLES : 1-0 Ana, ( descanso ) , 2-0 Cruz, 2-1 Paula Fandiño.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vila de Cruces.

No que o filial do Fisober segue ca súa mala xeira de resultados a pesares de facer un moi bo partido e merecer moito máis, pero pagou que segue pelexado co gol.

As baixas na portería fixeron que a xogadora de campo Alejandra se puxera baixo paus , a cal fixo un meritorio partido , cumprindo a un gran nivel e sen poder facer nada nos goles.

Arrancou valente e con oportunidades o filial pero cada vez que se aproximaban a área rival baixábaselles a persiana e non eran quen de concretar ante a porteira local.

Así unha e outra vez, con bo número de ocasións pero sen o premio do gol. E quen perdoa en deporte sole pagalo.

Pagárono cun lanzamento de Ana que petou nunha xogadora do filial e despistou a Alejandra para poñer o 1 a 0.

Non se renderon as visitantes e seguiron tentando pero non foron quen de igualar o partido. Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.

Na segunda metade mesmo guión, as xoves xogadoras do filial a malgastar ocasións na busca da igualada, pero o gol seguía sen chegar. E volveron a pagalo , desta vez foi Cruz a que fixo o segundo gol local.

Loitaron ata o fin  as visitantes tentando levarse algo de proveito de tan longa viaxe. E conseguiron o seu gol despois dun dobre penalti transformado por Paula Fandiño,  cando se ía chegar o último minuto.

Esforzo sen premio , así se podía resumir o partido do filial que pagou caro a súa falta de gol, perdendo un partido no que fixeron méritos para gañar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario