viernes, 16 de enero de 2015

Pinceladas ou pandullasos ?

Onte intentei ver os dous Real Madrid o de fútbol e o de basket, é dicir tentei ver todo e non vin nada, a iso sumeille que vin arrancar o Efes-Cska e rematar o Maccabi – Barça, de tolos vaia. Non me da para un gran análise pero si para unhas pinceladas.


Quero arrancar falando do tema Bale que me ten ata os mismisimos , agora quedoulle fama de chupón a Bale e listo. Esa campaña orquestrada dende o periodismo anti-Floren. Os mesmos do Ouija ( onde o terán vaia vergonza co tema ), os mesmos que onte dicían que con Casillas porteiro pasábamos….. buff o que hai escoitar. Eses que lle bailan a auga o Churu e Iker. A eliminatoria perdeuna  o señor Ramos, si deunos a Décima e ten certa bula, pero podemos criticalo eh sen problemas. Como dixen a semana pasada dende o Mundialito, os periolistos amigos subíronlle os fumiños e faille falta un toque de atención, que este logo tolea e pensa no programa das formigas, cante, subidas de soldos e balóns de ouros. Eses periolistos antimadridistas dándonos leccións de madridismo, se Ramos fora galés falarían igual del ?  en fin.

Eses mesmos que no seu día queimaron a Benzema, a Cristiano, a Zidane, sen eles xogábamos mellor  tiraban o vento  ou dicían que De las Cuevas era mellor ca Modric, eses son os que van agora a por Bale. Modric ese si que se nota.

Se lle sumamos que os xestiños de Cristiano non axudan pois o Bernabéu encima. Tampouco axuda a posición no campo, na dereita vese obrigado sempre a buscar a súa esquerda o que o leva unha e outra vez cara o embudo  central e o obriga moitas veces a chupar , como fai Cristiano que el tamén chupa. Cando cae a esquerda ou dende o centro  é moito máis asociativo , participativo e menos chupón.

Di moito do entorno do Real Madrid  que un xogador como Bale dubide de si mesmo antes de actuar. Do dañino que é en concreto. Non o esquenzan Gareth Frank Bale , si que Vale.

Agora vou cas pinceladas ou pandullasos como queiran, arrancarei co fútbol .

O primeiro non sei a quen lle cabe na cabeza que para un equipo como o Real Madrid, sexa bo caer dunha competición. É a menos importante pero debemos competir por todas. O único que alivia é que Atleti e Barça terán que turrar entre eles.
Segundo, o Real Madrid nestes dous partidos co Atleti , tivo un manual completo de cómo non competir unha eliminatoria. Falta de intensidade, premios antes do arranque, non ser agresivos coma eles……

Todo é fútbol o que facía o Barça, o que facía o Madrid, o que fai o Madrid e o que fai o Atleti. Cada un utiliza súas armas como quere.Grande Arda espindo a un  Madrid  que se non a ten , queda sen capacidade de roubo.

Un dato, e iso que Illarra cada vez parece máis lonxe de ter a personalidade para xogar no Real Madrid, pero este ano 20 partidos no que participou 20 vitorias, nos 12 que non o fixo cinco derrotas e dous empates. Carlo podía mover algo máis a xente, digo por iso. Chicharrito desapareceu, Jesé aínda non está e Khedira o seu.

A última vez que remontamos unha eliminatoria , todo o mundo escoitaba a radio en vez de ir o bar velos partidos. No paleolítico vaia.

Ollo a un tema que se escoita , Reus está case  fichado din por 25 kilos. Iso implicaría unha saída ?  sona Karim por 70 kilos o PSG. O cambio de cromos que sempre lle gustou a Flo. Outra opción os 150 kilos do United por Bale, pero parece ser que hai un contrato que obriga ter un británico, non sei. Ollo tamén a Pogba.

Que diferente é a liña editorial dos dous programas da sobremesa deportiva.

De basket uns detalliños, cada vez máis claro que con Slaugther melloramos, onte foi entrar el e despegarnos. Hai que defender moito se queremos chegar a facer algo este ano.  E Marcus danos iso, vai e debe xogar nos partidos chave por moito que aporte pouco en ataque.

Que Carroll é un lastre moi grande e defensa e case non aporta en ataque. Mejri e Campazzo nin minuto onte. Onde está o pasaporte do Facu ? Vai camiño de ser cortado para a Copa, ca baixa temporal de Maciulis si tivera pasaporte poderíamos ter anotado a Marcus en Acb pero nada. Mostra o ben que se fan as cousas.

Bou anda no seu mundo paralelo, no plan pasota que mostrou nunha época en Oly e tamén en Milano, grave problema. O 2 de 6 en tiros libres dio todo.

Chacho moi lonxe da súa mellor forma, nótao e moito o equipo. Demasiado errático e máis parecido o Chacho da Era Messina, algo que asusta.

Laso segue pasando dos pivots, se entran as mandarinas e defendemos ben, pero senón un desastriño. Debería xogar algo para os pivots pero segue sen aprender.

Dos outros partidos, cando deixei o  de Turquía o Efes era un vendaval, e Draper a roubar balóns, despois Nando de Colo cambiou todo.

E o Maccabi empeñado en suicidarse, pero Lampe non foi quen de aproveitalo, Abrines tampouco.


P.d. Un pode criticar a súa familia pero se a crítica ven do exterior, defendereina a morte e xa a criticarei de portas a dentro. Eso me pasa co Real Madrid.




No hay comentarios:

Publicar un comentario