lunes, 5 de enero de 2015

Como cambiou o conto.

Vou intentar ser rápido e conciso que non teño moito tempo para escribir e non estou co portátil, de racaneo total vaia. Pero como cambiou o conto no mundo do fútbol dun ano para outro. Primeiro dicir que onte fun ver un partido da Costa antes que o Madrid e o Barça, bueno vin algo do Barça de basket. A base de redes sociais e tele chegoume para opinar.


Ahora algúns madridistas, eu nin de coña,  son os que din que lle xogan moi duro e lle fan moitas faltas, queixanse de que os árbitros permiten moito os rivais e todas esas pamplinas. Por sorte aínda non falamos do céspede e de regar o campo, xa sería a morte, e eso que Nuno recoñeceu que fixo iso para onte.Hai que xogar e si os outros xogan duro, nos tamén e listo.

En cambio no F. C. Messilona ( Messi o claro dono e señor do clube , onte suplente hoxe enfermou misteriosamente ), queixanse por todo. Ahora son eles os do Villarato, os das bolas da Uefa, que a Fifa nos sanciona  ........ " son la hostia tú " como diría o xardineiro fiel que os ilumina. Bueno ese si que non cambiou, sempre ten a súa excusiña a punto, aínda non se atoparon un rival mellor ca eles é o que ten ser Magic nos Lakers.

Preocupados por non poder fichar, pero non tiñan unha super canteira que salía de todo dela, a ver si vos aclarades que dun ano para outro non hai quen vos recoñeza chicos. 

Que as vacas sagradas se molestan por estar no banquillo e poñen caras raras, que o Lucho coñecía o clube e todo ía ser rodado.Vaise Zubi, malo para o Madrid.

Esto vai por épocas, dúas derrotiñas de Carlo e dúas vitorias do Lucho e xa volvedes todos a virar a chaqueta, non vos dades conta de que así é o fútbol. O fútbol ese deporte que inventaron os ingleses non os Lakers do xardineiro fiel, e no que no 2014 dominou o Real Madrid como case sempre na Historia, as súas Ligas e Copas de Europa o reflexan.

Un saudiño a merengues e culés virachaquetas e oportunistas. Tan igualiños somos e canto nos quixeron esconder os valors, humildat e toda esa pamplinada.

P.D. Outro día que me apeteza falo da miña teoría conspiratoria arbitral que persigue o Real Madrid de baloncesto na Liga Acb, esas técnicas, 3 segundos, o rápido que chegamos a bonus, as repeticións de tiros libres que solo che pasan cando vistes de branco, anda o Chapu asustado co que cambiou o tema de Baskonia a Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario