lunes, 12 de enero de 2015

Fisober - Mora. 0-2.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO: FISOBER F.S.F. – C.D.E. MORA :0-2.

FISOBER : Leti, Ana, Inés, Noelia e Myrella ; tamén xogaron : Mai e Raquel.


MORA :Virginia, Cris, Sheila, Laura e María ; tamén xogaron : Elena, Tere, María Bravo, Clara e María Cuervo.

ÁRBITROS : Miguel Sierra e Fco Javier Roldán  , CRONO : Javier Sánchez.

GOLES : Con 0-0 chegouse o descanso , 0-1 Tere, 0-2 Laura.

Partido disputado na tarde noite do sábado cun bo número de público  en Vimianzo co que as da Costa  pechaban a primeira volta como locais.

O Fisober realizou unha gran primeira metade pero non foi quen de adiantarse, o que perdoa sole pagalo e  pagouno caro mediada a segunda cando Tere  adiantou as toledanas.

Era un partido vital para ambos equipos que chegaban igualados na parte baixa da clasificación. Resaltar que a  pesar da intensidade e importancia do encontro foi un partido moi deportivo.

Saíron moi concentradas as costeiras e con moitas gañas o partido, pola súa banda as visitantes esperaban en media pista tentando enlazar algunha contra.

Froito do empuxe local chegaban as primeiras ocasións pero sen acadar un merecido premio que as puxera por diante. A pesar de non ter éxito non desistían. Ana, Noelia, Raquel ou Inés tiñan boas ocasións pero ou a falta de acerto ou a porteira visitante facían que o resultado non se movera.

Co paso dos minutos as toledanas fóronse desperezando do dominio local e chegaban de vez en cando con perigo ante a porta das da Costa pero Leti era quen de solventalas.

Gran primeira metade do Fisober, multitude de ocasións pero resultado gafas o tempo de lecer.

O arranque da segunda metade xa foi máis igualado, e o dominio local xa non era tan claro. Agora as ocasións  eran por ambos lados e as porteiras tomaban máis protagonismo se cabe.

Ata que os once minutos desta segunda metade un erro local era aproveitado por  Tere  para poñer en vantaxe as visitantes. Moi costa arriba se lle poñía o partido o Fisober, que debía arriscar máis se cabe.

Arriscou e tivo algunha que outra ocasión , pero tamén concedía cada vez máis. Pasaban os minutos e o gol da igualada non chegaba. Froito de asumir riscos chegou a quinta falta local, a espada de Damocles dos dobres penaltis cernía sobre elas.

Algo que chegou a minuto e medio para o fin cando un dobre penalti o borde do área era transformando  por Laura para pechar o partido. O último minuto e medio foi un querer e non poder local, que vía como se lle escapaba un partido no que mereceu moito máis.

A vindeira semana toca visitar Alcorcón para pechar a primeira volta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario