jueves, 8 de enero de 2015

Alarma.

Xa o dicía o outro día pinchas dous partidos seguidos e xa hai crise, tres si contamos ca pachanga dos 4 kilos do Golfo. E claro o madridismo histérico xa prendeu as alarmas, algún xa quererá que volva Mou.


Bastante fácil de definir o partido, foi lamentable. Os xogadores do Real Madrid andando e o toquiño estilo Barça iso que tanto detesto. Unha cousa é controlar o partido e outra moi distinta e ser cero profundos. Da actitude mellor non falar, sen correr pouco se fai.

Chega con ollar a DSRG onte na versión Churu & Canelita, para quen non o descifre Sergio Ramos. Tiña onte o seu día Top, de desprazamentos de 50 metros, subidas de “Beckembauer” …….. e co paso dos minutos empeoraba, en Muxía falaríamos dun famoso central que todos coñecemos, un día deses. Se lle xuntamos periodistas dicindo que é o mellor, que si balón de ouro…….. pois Churu total, anda crecido o rapaz non é para menos, pero o mister é o que o ten que baixar de novo o céspede.

E claro un partido de cero a cero converteuse nunha derrota desas que che deixan os papos vermellos. Cos suplentes do Atleti e cun case ex xogador como é Torres, agora marcaranos na volta pero é o que hai. Si eu vendo as alineacións pensei que traiamos un 0-1 ou 1-2 e eliminatoria case resolta que queredes que vos diga.

Pero despois de ver o partido confirmei cousas que veño barruntando, o Madrid os findes poucos partidos lle vexo debo recoñecelo igual se o virá máis tería falado antes. A primeira e máis importante, todos descubrimos na Champions pasada e nos últimos meses que, Isco, James, Bale, Benzema, Cristiano e demais se queren defenden pero últimamente non están moito pola labor, uns máis que outros hai que recoñecelo polo tanto cuestión de actitude. Como co Churu uns creen máis que outros a prensa e pensan que as portadas que lles fan xa lles valen, como diría o xardineiro fiel " somos la hostia tú " e que traballen outros. No Madrid un ano bo é un ano bo, pero en dúas semanas todo se esquence , hai que ganar sempre con este escudo e traballar moito no campo para sacar froitos, tiñan o exemplo diante.

Segundo se pasan da Copa, notouse onte ,pois que  poña suplentes Carlo e que se gañen o caldo. Mou mesturaba xente e funcionou bastante ben en Copa, mesturar non poñer 11 suplentes xuntos como poñía Bigotes. Non entendo como non xogou Carvajal estando sancionado como din para sábado, co cal debería ter xogado Coentrao para mesturar un lateral ofensivo cun defensivo.

O pobre de Arbeloa quérolle ben pero fai moito tempo que está moi por detrás de Nacho, sinto moito pero é unha realidade, vaia partidiños se leva cascando esta tempada.

Deulle descanso a Cristiano pero debeu darllo tamén a Kroos, anda fundido o tio, entre que leva tropecientos minutos e que como en Alemaña nestas datas están de parón e el está acostumado a hibernar pois non está e notaselle, nin saca ben os corners. Dalle descanso Carlo, please que o vas fundir.

Quen era o mellor para sustituir a Kroos, pois Illarra sen dubida, por fin ia xogar no seu posto que non nos enganemos é o de ancora, non o de interior como o utiliza Carlo, para o interior mellor Khedira . Unha parella Illarra & Khedira onte valía ben, total o Atleti ía facer o seu partido atrás e pescar algo como pescou. Se Illarra vai quedar e Khedira vai marchar pois debe xogar máis minutos Illarra penso eu, aínda que como dixen xogar de interior penalizao. Por iso entendo que Jesé estea por diante de Chicharito, teremos que potenciar algo que é noso e utilizar cando nos faga falla o outro.

Todo iso amenizado con que falta Luka Modric o mellor centrocampista do momento, pois case explicamos todo. I é que Carlo non ten sorte, o ano pasado as lesións impedíronlle rotar, ou iso espero, a de Jesé a máis importante. E este ano igual ca de Modric. Aínda que rotar moito non lle gusta.

E si o Atleti pega, nos tamén podemos pegar coma o ano pasado na Copa no Bernabéu , xogamos ca súa intensidade  3-0 e pa casa. Xogannos coma Mou o Barça de Pep, nin máis nin menos, parece mentira que choremos por iso.

Así que confiemos que sexa cousa dun pico de forma, moitos están fatal a estas alturas e que cheguemos os meses chaves con opcións en Liga e Champions e con toda a xente e a tope. De momento Carlo ten o meu voto de confianza , gañado a pulso, pero de momento que eu Carlo e Laso xa sabedes como nos levamos. Algún outro de vez en cando tamén pode xogar Carlo.

Algo que me fastidia e moito é que o Real Madrid non sabe aproveitar as malas temporadas dos seus rivais para machacar e facer crecer as súas crises. Co Barça medio afogado e vamos nos e dámoslle osixeno, como o ano pasado que case gañan a Liga.


No hay comentarios:

Publicar un comentario