lunes, 6 de octubre de 2014

Troula - Fisober B. 2-4.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : TROULA – FISOBER “B” F.S.F. : 2-4

TROULA: Estefanía, Olaya, Silvia , Noelia e Mayra ; tamén xogaron : Sandra, Carla, Rocío, Lara, Yvone e Susana.

FISOBER B : Anabel, Paula Fandiño, Laura, Tamara e Alejandra ; tamén xogaron : Andrea Piroja, Nuriña, Antía e Paula Lema.


ÁRBITRO :Eduardo Castro ; CRONO : Jorge Fernández.

GOLES : 0-1 Tamara, 1-1 Noelia, 1-2 Andrea Piroja ( descanso ), 1-3 Nuriña, 1-4 Tamara, 2-4 Carla.

Partido disputado o sábado en Betanzos correspondente a segunda xornada da categoría  onde o filial do Fisober acadou a primeira vitoria da tempada.

Nun partido onde debutou a cadete Antía e a infantil Nuriña acadaba o seu primeiro gol en Provincial.

Partido sen un dominador claro entre dous dos equipos que acumulan máis xuventude da categoría. Con máis ocasións para as visitantes e cuns últimos bos minutos das locais.

Adiantábanse as da Costa por medio de Tamara, pero igualaban as locais con gol de Noelia. O un a dous co que se chegou o tempo de lecer foi obra da visitante Andrea Piroja.

Despois do tempo de lecer a infantil Nuriña aproveitaba un rexeite da porteira local a un lanzamento de Paula Fandiño para facer o un a tres. Tamara poñía o cuarto e tranquilizador gol visitante.

Nuns últimos minutos de empuxe local Carla facía o definitivo dous a catro.


A vindeira semana as da Costa recibirán na casa o Ártabras Fene un dos equipos favoritos da categoría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario