lunes, 27 de octubre de 2014

Humanes - Fisober. 6-1.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : HUMANES C.B. – FISOBER F.S.F. : 6-1.

HUMANES: Sandra, Rocío, Sandra García, Verónica Salas e Verónica Glez, tamén xogaron : Ale, Rocío Prado, Sara, Cris e Yolanda.

FISOBER : Leti, Ana, Mai, Myrella e Noelia ; tamén xogaron : Raquel, Laura e Inés.


ÁRBITROS :  Fco Javier Díaz e Ángel Gómez.

GOLES :1-0 Ale, 2-0 Sandra García, 2-1 Myrella  , ( descanso ) , 3-1 Rocío, 4-1 ,Verónica Glez,   5-1 Ale, 6-1 Verónica Salas.

Partido disputado na mañá do domingo na localidade madrileña de Humanes na que o Fisober non puido acadar os seus primeiros puntos ante un Humanes que foi mellor e se levou a vitoria de forma merecida. A mellor noticia foi que a xogadora do filial Laura que viaxaba co equipo por primeira vez fora de Galicia xogou os seus primeiros minutos esta tempada  en Segunda División.
Laura

Xa dende o principio se veu que non era o día do Fisober. Máis aínda cando os cinco minutos un despiste nun balón parado permitiu a Ale poñer en vantaxe as locais.

Ese gol deu solidez as madrileñas e intranquilidade as da Costa que non atopaban o seu sitio no partido.

No minuto trece e de novo froito dunha xogada de pizarra a local Sandra García acadaba o dous a cero dun excelente zurdazo.

Con este gol o partido abriuse máis e por fin chegaron as primeiras ocasións visitantes. Despois dunha gran combinación destas chegou o dous a un obra de Myrella a minuto e medio para o fin desta primeira metade, chegándose con este resultado o tempo de lecer.

Pero o arranque da segunda foi premonitorio, as madrileñas acadaban o seu terceiro gol na primeira xogada obra de Rocío.

Duro golpe para as da Costa que o tentaron nesta segunda metade con máis corazón que cabeza.

O catro a un a oito para o fin por medio de Verónica González deixaba o partido definido. Despois ata o fin aínda chegaron dous goles máis para as madrileñas obra de Ale de novo a tres para o fin e de Verónica Salas no rexeite dun dobre penalti lanzado por ela mesma.

Os problemas físicos que arrastraban Noelia e Ana, acumulouse o de Inés que non puido rematar o partido por un forte golpe no nocello.

A vindeira semana tócalle descansar o Fisober, algo que pode vir ben para recuperar  as tocadas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario