lunes, 13 de octubre de 2014

Chiloeches - Fisober. 8-4.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : CHILOECHES – FISOBER F.S.F. : 8-4.

CHILOECHES : Aranzazu, Cris, Ana, Elima e Rocío ; tamén xogaron : Laura, Cristina, Esther e Alba.

FISOBER : Leti, Ana, Mai, Inés e Noelia ; tamén xogaron : Myrella e Raquel.


ÁRBITROS : David Merencio e Jorge Moreno ; CRONO : Isabel Domínguez.

GOLES : 0-1 Noelia, 1-1 Cris, 2-1 Ana, 3-1 Cristina, 4-1 Ana, 5-1 Cris ; (descanso ), 6-1 Cris, 6-2 Inés, 6-3 Inés, 7-3 Ana, 7-4 Raquel, 8-4 Laura.

Partido disputado a tarde do sábado en Chiloeches na provincia de Guadalaxara, o que foi o primeiro viaxe oficial en avión do clube.

O Fisober pagou moi caro os erros da primeira metade e que non se adaptou a pista.

Non podían comezar mellor as cousas para o Fisober xa que os dous minutos Noelia adiantaba as da Costa no electrónico. Pouco lles durou a ledicia as visitantes xa que os catro minutos Cris igualaba o tanteador.

As visitantes non se atopaban cómodas e os sete minutos Ana facía o segundo gol local. Eran os peores minutos para as da Costa. Un minuto despois Cristina facía o terceiro local.

Todo empeorou cando no minuto doce e no trece, Ana e Cris poñían con dous goles o catro e o cinco un no electrónico. Moi duro se lle estaba a facer o partido o Fisober, que capeou o mal momento e chegou con ese resultado o tempo de lecer.

A saída de vestiarios foi distinta, as da Costa non estaban dispostas a vender a súa pel aínda. A pesares de que pronto chegou o sexto gol local obra de novo de Cris.

Que non era o día viuse cando despois dunha gran xogada visitante o remate de Noelia foise o trabe e o pau e non quixo entrar. Aínda así chegaron os goles e foi Inés quen no minuto catro e seis desta segunda metade puxo o seis a tres no electrónico.

Eran os mellores minutos visitantes que se vían con opcións de entrar no partido e así o tentaron, tiveron as ocasións pero  mediada esta segunda metade  a nove para o fin Ana poñía o sete a tres que foi a lousa definitiva.

Aínda así seguiron loitando ata o fin as xogadoras costeiras. A menos de  dous para o fin Raquel aproveitaba un rexeite e facía o sete a catro.


Nos últimos segundos Laura facía o definitivo oito a catro para as locales.

Visión Chiloeches.

No hay comentarios:

Publicar un comentario