jueves, 30 de octubre de 2014

Raro Clásico.

Dende o sábado levo con esa dobre rara  sensación de querer escribir , gañámoslle o Barça e ben con solvencia. Pero o equipo non me gustou tanto como a xente di, meu máximo nivel de esixencia na vitoria.


Todo é raro xa que o destino quixo, que na noite do sábado tivera que viaxar a Madrid, e máis raro aínda que visitara o Bernabéu a mañá do domingo interesante situación, pero  sen poder  pasear polo pobo escoitando as  hipóteses do partido duns e doutros, o mellor sen dúbida dos post-Clásicos as discusións, que dirán “ os inventores do fútbol” agora, a secta  vai a menos verdade, desmorónase a ideoloxía.

Pero levo tantos días escoitando a mítica frase dun dos seus totems que teño que escribir algo aínda que sexa pouco , Xavi dixit : “ Controlamos 45 minutos. El Madrid aprovecha cualquier pérdida nuestra y saca petróleo a balón parado. Vive de las contras.”  Parafraseando o señor Hernández , diríalle : “ Hostia tú, no saben perder”.


Con Xavi sempre o mesmo, resultado impostor, as contras, o céspede …… , non será el o que non sabe perder, digo eu vaia.

Non sei que partido debeu de ver o Hernández este, meu pobre.Si o Madrid chega estar ben nas contras cáenlle seis ou sete sen forzar. Iso é algo que nunca aproveita o Real Madrid os seus momentos de fraqueza. E neses 45 minutos que controlaron tivemos bastantes máis ocasións ca eles, deberon controlar o quencemento non sei. Dos últimos once, 6 gañou o Real Madrid e 2 empates.

Co paso dos días tamén vou pensando que fixemos mellor partido, para que negalo. Destacar o traballo de Isco e James , e o partidazo de Benzema. O xunto que estivo o equipo. Si se poñen o mono de traballo, a calidade téñena, pero hai que querer currar , esa é a chave.

Pero seguen a darme medo as costas de Modric e Kroos, imperiales o sábado pero cun equipo máis agresivo e de calidade non sei. Quizais deba subir máis a defensa con eles. Medo tamén as costas de Marcelo, incrible en ataque pero cas súas carencias defensivas. Sigo a pensar que Varane  é o mellor central que temos, xa que Ramos ata Xaneiro está de vacacións.

Debo romper unha lanza a favor dos meus “hateados” James e Íker que estiveron moi ben. E que non se impacienten co tema Bale-Isco titular, hai partidos para todos , sete xogadores para catro postos : Cristiano, Karim, James, Isco, Bale, Jesé e Chicharito que utilice a todos según necesidades e forma. Si chega a estar Bale na última media hora do sábado caen 6 ou 7 seguro.

Máis medo dame o mediocentro Kroos e Modric acumulan demasiados partidos e  Khedira e Illarra están moi lonxe deles, pero hai que poñelos e mesturalos en moitos partidos senón quere velos desfondados en Febreiro, a miña opinión xa a deixei clara fichar alguén en Xaneiro xa que non confío na implicación de Khedira, aínda que Medrán é un rapaz da miña confianza o único do filial no que confío.


Aínda así o partido do Barça non vale de nade senón se gana en Granada en Liga todos son puntos. 

 O dito ilusións moitas non me fago xa que o Barça a día de hoxe está penoso e senón toma medidas drásticas con certos xogadores creo que non está para moitas cousas, iso si , ollo a L. Suárez.


Meus artículos sobre o Real Madrid.

El cortador último. , penúltimo , antepenúltimo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario