lunes, 27 de octubre de 2014

Fisober B - Ponteceso. 1-6.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – CONCELLO DE PONTECESO : 1-6.

FISOBER B : Paula Lema, Tamara, Paula Fandiño, Nuriña e Laura ; tamén xogaron : Alejandra, Antía, Andrea Piroja e Anabel.


PONTECESO : Salomé, Martina, Carmen, Elsa e Sandra ; tamén xogaron : Ana, Cintia, Noa e Zeltia.

ÁRBITRO : Jorge Varela ,  CRONO: María Jesus Mallo.

GOLES: 0-1 Carmen, 0-2 Zeltia , 0-3 Carmen, 0-4 Martina, ( descanso ), 1-4 Tamara, 1-5 en propia porta , 1-6 Ana.

Partido disputado este sábado en Vimianzo, no que filial do Fisober   deu moita mellor imaxe do que reflexa o resultado, nun partido no que Elsa voltou a Vimianzo con outra camiseta.

Arrancou ben o derbi  o equipo local que foi de máis a menos durante o partido.

Un penalti por mans da capitana local Laura foi transformado por  Carmen,  xogadora tamén  con pasado no Fisober.

Aínda así non se derrumbaron as locais e tiveron ocasións para lograr unha igualada que non chegou, a máis clara foi para Andrea Piroja.

Quen si aproveitaron foron as visitantes que puxeron dous goles de vantaxe no electrónico por medio de Zeltia.

E máis cando  chegaron dous novos goles visitantes obra novamente  de Carmen de cabeza e de Martina. Un cero a catro era demasiado castigo para un filial que deixou moi boa imaxe nesta primeira metade, e o que a sorte parece darlle de lado nesta parte da tempada.

Na segunda metade o xogo xa non foi tan vistoso como na primeira. Aínda así as rapazas do filial seguiron pelexando ata o final na busca de mellorar o resultado.

Tamara reduciu diferenzas para as locais, pero un gol en propia porta despois dun rexeite e Ana puxeron o definitivo un a seis.


A vindeira semana o filial terá novamente derbi, tócalle render visita o Lira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario