miércoles, 3 de septiembre de 2014

O que a verdade esconde !

Alá por Xuño escribía algo para cubrirme as costas e non ser ventaxista cando o Real Madrid pechara o plantel. Quedaban claras as necesidades,  que Carlo mellorara a utilización de xogadores( rotacións ) , cubrir baixas de producirse, un medio ofensivo e sobre todo manter a fame nos xogadores, ademais dunha serie de matices. Pero un ano despois en Setembro o madridismo volve a estar cunha sensación de tristeza e desanimo o peche de mercado. Si no 2013 doeu a marcha de Ozil, no 14 foron as de Di María e Alonso. Agora vou tentar despachar o tema.


A min o plantel 13/14 gustábame, pero coma sempre digo Carlo queimou a moitos xogadores, debeu de utilizar máis a xente como Illarra e Casemiro entre outros en partidos intrascendentes. Claro exemplo foi a defensa que debido as lesións xogaron todos e os titulares chegaron a fin de tempada a un gran nivel. Eu son dos que me parece ben cambiar na vitoria, mandar un mensaxe de que nadie é imprescindible e de que hai fame. Pero vamos o lio.

Primeiramente dicir que o plantel da os síntomas post-Liga dos records de Mou, somos “los más mellores” e xogamos andando. Coma todos os anos Ramos en plan “coña” ata Xaneiro e así algún máis.
A chegada de Kroos era o complemento perfecto a Xabi e Modric, para xogar xunto a eles ou darlles descansos. A miña teoría era que Alonso xogara uns 30 partidos e fora aprendéndolle a Kroos. Unha entrada unha saída, Khedira se non renovaba ( non vai renovar ) ou Casemiro para que fora collendo minutos, eses días que aínda non saíra nadie non cabía en min do gozo, ata aquí todo Ok.

Saída de Diego López, no verán dixen que para limpar o ambiente de vestiario chimpaba os 2 porteiros, pero vai e sae Diego por Keylor. Creo que se complementan mellor Diego – Keylor que Iker-Keylor que son 2 clons. Dame que a directiva soltou o máis barato( titular o ano pasado por certo ) e por encima Iker agora de titular demostrando un nivel lamentable, Iker non está nin física, nin mentalmente para xogar no Real Madrid. Totalmente contrariado ca decisión.

A saída de Di María, como xa apuntei en Xuño, a xente ía pedir renovacións e podía saltar un chanzo na escala salarial pero saltalos todos de golpe, deso nada. Quedábanlle 4 anos de contrato, renovara 2 veces en 4 anos e sempre a pedir, a pedir, a pedir. Certo é que foi clave polo seu final de tempada nos títulos, pero se non está contento pista. Eu creo que o gran problema do arxentino foi a xente que o “asesora”. Si sae Di María( a bo prezo por certo ) tiña que vir un centrocampista do seu estilo, un “cabra loca” coma el. O perfecto Arturo Vidal, pero si por prezo ou salario era imposible, pois algún outro ou quedar con Casemiro , pero para que tivera minutos, non de mera comparsa. A min o de James , ademais de estafa das grandes, non é un xogador de 80 kilos nin dos 45 que pagou o Mónaco, sóname a Autopista en Colombia sinto por Flo pero é así. Non me preocupou a saída de Di María, polas razóns , si o seu recambio.

A saída de Morata, si o chaval quere marchar pois vaise, ademais marchou a bo prezo. Carletto quería un dianteiro cun rol Larsson e para iso o perfecto é Chicharito, operación Ok. A min o de Falcao non me convencía, por prezo, polo xeonllo, pola idade, polo que queres de Karim ( que da xogo pero marca pouco ) e porque non o vía diante con Cristiano, Bale…. Moito chupón xunto ! Ademais a cesión de Chicharito non pecha a porta a explosión de Jesé despois da lesión, ou a posibles incorporacións caso de Reus.

Pero o que destrozou todos os plans e os ánimos foi a saída de Xabi Alonso. Que se esconde detrás da saída de Xabi, moitas dúbidas sobrevoian este tema. A min o que me quedou claro foi a pouca organización e planificación do clube. Creo que quedaron en bragas. Moi ben si Xabi quere saír, se non se atopa “motivado” perfecto, pero non pode decirmo cando vai pechar o mercado, os xogadores saen cando e como queira o clube, así de claro. Desmotivouse a última semana ! Moi mal por Xabi o que quero ben pero a min decepcionoume. O clube pode dicirlle, moi ben sales pero cando teñamos un sustituto, era o momento perfecto para o “cabra loca” o posto de Xabi é perfecto para Illarra si Carlo confía nel que ese é outro tema . Si as cousas se fixeran ben e no seu tempo , aínda que non ficharas a un medio pois quedábaste con Casemiro e listo ou como mínimo con Mascarell.

Esta saída deixa un furado no vestiario, no campo e sobre todo na moral dos madridistas. Pero que esconde a saída de Xabi. Un servidor ten unha dobre teoría. Como non ía ter os minutos que el pensaba e ademais nun futuro pensa ser adestrador aceptou a oferta dun Pep que está xusto de medios polas lesións. Despois de traballar con Benítez, Mou e Carlo, unir a Pep o seu Master de adestradores e perfecto, ademais vai xogar e moito esta primeira metade de ano.

Pero a segunda teoría é a que me asusta, viu un clube cunha planificación lamentable. O recambio de Di María e a saída de Diego López son raras, moi raras. Saen o porteiro titular e un medio titular, quen manda no vestiario ? O adestrador, un porteiro ( que Iker sexa titular co nivel que demostra ), a prensa , o presidente ? Un vestiario sen fame, sen ganas de competir. Viu que así se lle ían a ver moitas carencias e decidiu escapar antes de que todo se funda. A decepción miña con Xabi e total, aquí ningún sinte os colores, cada un mira por si. Eu si o di en Xuño , ningún problema, pero a catro días do peche, non o deixo saír sen recambio, así de claro, aínda que chupe banqueta ata Decembro. Nin Xabi , nin o clube quedaron en moi bo lugar para miña sinceira opinión, todo o contrario do que tentaron.

A situación e como está o vestiario non semella ser a mellor, os EGOS,  e queríades poñer a Falcao tamén, apuf.

Sinceramente quedounos un plantel algo curto no mediocampo e sobre todo descompensado nesa parcela. Sobre todo ca lesión de Khedira. Eu confío en Illarra para ocupar o posto de Xabi, cos apoios de Kroos e Modric, pero non temos un medio dinámico ( de ida e volta , cabra loca capaz de romper partidos ). Que Carlo lle dea minutos e confianza a todo o mundo, xa vexo a Marcelo, Coentrao ou Carvajal nun papel parecido a Di María ou incluso a Varane de medio como cando empezou en Francia, traballo para o mister.

 Confiemos na volta de Jesé en boas condicións vai ser chave.

Que as cousas se fixeron moi mal e que Flo está nervioso demostrao que agora si pensan nun fichaxe Top para calar bocas e como no fútbol non o van poder facer pois en basket, vamos a por Scola.




No hay comentarios:

Publicar un comentario