jueves, 25 de septiembre de 2014

Copa Xunta. Burgas - Fisober. 11-0.

COPA XUNTA

RESULTADO : CIDADE DAS BURGAS – FISOBER F.S.F. : 11-0.

BURGAS : Antía, Candela, Peke, Iria e Figo ; tamén xogaron : Sonia, Nere, Lucía Nespereira, María Arias, Vanessa, Nerea  e Helena.

FISOBER : Leti, Ana, Mai, Inés e Noelia ; tamén xogou : Raquel.


ÁRBITROS : Andrés Fernández , Juan Carlos Rodríguez ,  CRONO: Oliver Cardero.

GOLES : 1-0 Iria, 2-0 Iria, 3-0 Nerea , ( descanso), 4-0 Candela, 5-0 Candela, 6-0 Vanessa, 7-0 Iria, 8-0 María Arias, 9-0 Figo, 10-0 Figo, 11-0 Vanessa.

Rematou a terceira participación na Copa Xunta para o Fisober e fixo con derrota en Ourense fronte o Cidade das Burgas un equipo que amosou todo o seu potencial e a diferenza de categoría.

Arrancou o partido xa co claro dominio das locais, guiadas pola internacional española  Iria creaban bastante perigo a porta defendida por Leti. Era a propia Iria a que adiantaba as súas os cinco minutos. 
Nese mesmo minuto Iria sacouse unha espectacular xogada individual marchando de cada xogadora que saía o seu paso para facer o segundo gol local.

Os oito minutos Nerea facía o tres a cero. Pero o Fisober co paso dos minutos parecía máis asentado e así foi xa que no resto desta primeira metade non recibiu ningún gol a pesar das ocasións locais, e acadou chegar  con perigo en  algunha contra a portería da local Antía.

Na segunda metade saíron máis fortes si cabe as locais, desta vez o ritmo marcouno outra internacional española como Lucía Nespereira. Xa no primeiro minuto chegaba o cuarto obra de Candela. Os cinco de novo Candela facía o quinto.

Co paso dos minutos o partido e o alto ritmo marcado polo equipo de División de Honra facía sufrir as visitantes que viaxaran en cadro. Pesaban e moito xa as pernas.

A once para o fin Vanessa facía o sexto, pouco despois de novo Iria e a oito para o fin María Arias facía o oitavo.

Para colmo nos últimos minutos as visitantes chegaban as cinco faltas e as locais dispuñan de dobres penaltis. A falta de tres Figo aproveitaba un dobre penalti.

Nos últimos vinte segundo chegaron dous novos goles, mostra do ritmo imprimido polas locais, Figo facía o décimo e Vanessa co tempo a cero de dobre penalti facía o definitivo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario