lunes, 22 de septiembre de 2014

Copa Xunta. Hércules - Fisober. 6-3.

COPA XUNTA

RESULTADO : HÉRCULES – FISOBER F.S.F. : 6-3

HÉRCULES : Anabel, Rita, Monchi, Bego e Sara , tamén xogaron : Anita, Laura López e Laura Rivas.

FISOBER : Leti, Mai, Ana, Noelia e Inés ; tamén xogaron : Raquel, Paula Fandiño e Laura.


ÁRBITROS : José Fernández i Eduardo Castro ,   CRONO : Fernando Barros.

GOLES : 1-0 Sara, ( descanso ), 2-0 Monchi , 3-0 Rita, 4-0Monchi , 5-0 Monchi, 5-1 Raquel, 6-1 Sara, 6-2 Inés, 6-3 Inés.

Segundo partido da Copa Xunta para o Fisober disputado o sábado na Coruña, onde caeu ante o Hércules quedando xa eliminado da competición a falta de un partido que se disputará o vindeiro mércores fronte o Cidade das Burgas.

As da Costa non tiveron a intensidade que amosaron fronte o Amarelle e iso xuntouse cun día aciago o que as levou a perder sen paliativos fronte o actual campión autonómico.

A primeira metade estivo igualada con ocasións para ambos lados e cun gran protagonismo das porteiras , tanto a local Anabel como a visitante Leti.

Pero a única que foi capaz de perforar a portería contraria foi Sara nunha contra que finalizou a pracer despois dunha gran combinación.

Tralo gol os dous equipos continuaron cas ocasións pero as porteiras seguían inspiradas.

Na segunda metade Monchi ( orixinaria de Os Muiños-Muxía ) ,os tres minutos facía o dous a cero que foi unha lousa para o Fisober. Dende este momento perdeu totalmente o control do partido. Iso si seguían aparecendo ocasións en ambas porterías.  Aínda que ata mediada esta segunda metade non recibiu máis goles.

A falta de dez, nove e oito para o fin recibiu tres goles consecutivos obra da fisterrana Rita e dous obra de Monchi.

Así chegouse a uns últimos minutos tolos cheos de goles, onde marcaba Sara para as locais e Raquel e Inés por dúas veces para as visitantes.



Partido para  aprender dos erros cometidos e seguir sumando minutos de cara a esta difícil tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario