miércoles, 17 de septiembre de 2014

Carencias e divismo.

Contra o Basilea por fin vin un partido do Real Madrid, na casa e con tranquilidade o que me permitiu observar as carencias que ten o equipo. Vólvenme os mesmos medos ca un ano antes, alá por estas datas do ano pasado falaba de EQUILIBRIO e DESILUSIÓN pois este ano acrecéntanse un pouco máis se cabe. O problema volve a ser de actitude coma de cote.


A min o resultado non me casa co que vin no céspede. Vin un equipo cheo de divos con cero ganas de axudar abaixo o que nos vai provocar graves problemas defensivos se non se aplican. Dous medios non moi defensivos por certo non poden conter todo o torrente que lles chega se ningún dos catro de arriba axuda e iso é o que pasa , non axuda ninguén. Carencias no mediocampo e divismo, así se resume o problema, xunto con falta de concentración, falta de actitude  e de forma , desastre asegurado.
James, Cristiano, Bale e Benzema apenas axudan, se lle xuntamos que Kroos e Modric non son especialistas, danos como resultado un balance defensivo nefasto e a pouco que nos colla un equipo ordenadiño pois chegaran os problemas. Vamos perder moitos partidos.

O retorno defensivo é inexistente e a ocupación de espazos penosa. Nin de que as liñas voltan a estar moi separadas, con tanto xogador que non baixa polo menos xunta liñas arriba na saída de balón. Non vou falar de que nos falta un medio “cabra loca” do que xa falei. Debería falar de  que o home que nos podía dar estabilidade chámase Illarramendi pero como o mister non confía pois non hai nada que facer.

Tampouco vou falar de que estamos nas mans ou mellor dito nos pes de Khedira ( xogador que implicado é do meu gusto por certo )  o cal remata contrato e se vai borrar cando poda, xa se está a ver, non di moitopola nosa xestión deportiva.  Non vou falar  de que con Kroos, Modric, Illarra e Khedira non aguantamos a tempada e menos se non rota nada.

Solución reconvertir a alguén para o sitio de “cabra loca, Marcelo ou Coentrao, falaron de Bale que sería perfecto si tivera gañas de facelo, eu opino o mesmo. De feito con Bale e James en esquerda e Cristiano en dereita pois vería unha opción. Pero o que hai que ter e gañas de traballar, defender , xuntar liñas como na Final de Copa ou en Munich e rotar, rotar e rotar. Que a xente se curre o posto. Non poden ter o posto aseguardo 9 de 11, así mal nos irá.

A xestión deportiva pode pasar de entre interrogantes como é neste momento a nefasta se non se fai unha utilización racional do plantel. Como digo sempre de Marzo pa diante os teóricos suplentes son os que che van a gañar o títulos.

Por certo cos chupóns que temos arriba , aínda queriades poñer a Falcao tamén, non hai balóns para todos sempre o dixen, Benzema é perfecto para Cristiano, James, Bale e Isco, el debe dar goles máis que marcalos.

En definitiva o teñen ganas de currar ou vámolo pasar moi mal incluso para estar nos tres primeiros na Liga e digo en Setembro, e senón o sábado primeiro exemplo fronte a un Depor que non ten nada pero que cas ansías que xogou onte o Real Madrid fainos pinchar seguro e senón o tempo. EFECTO MAKELELE 2 ?



No hay comentarios:

Publicar un comentario