jueves, 11 de septiembre de 2014

Copa Xunta. Fisober - Amarelle. 0-1.

COPA XUNTA

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – VIAXES AMARELLE : 0-1

FISOBER : Leti, Ana, Mai, Inés e Raquel ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Paula Fandiño e Laura.


AMARELLE : Eva, Patri, Lidia, Tati e Yaiza ; tamén xogaron : Dolo, Cris, María , Noe e Andrea Carid.

ÁRBITROS: Esteban Otero  e Jose Rey ;  CRONO: Gerardo Pájaro.

GOLES: 0-0 o descanso ; 0-1 Cris.

Na noite deste mércores disputouse o primeiro partido de Copa Xunta para as rapazas do Fisober que ofreceron unha excelente  imaxe facendo un gran partido ante seus siareiros , perdendo  pola mínima ante un equipo da máxima categoría como o Viaxes Amarelle que arranca a Liga este fin de semana.

Volvían Eva e Patri a Vimianzo pero con outra camisola o que era unha sensación extrana despois de tantas temporadas defendendo as costeiras ( desexámoslle moita sorte as dúas  no seu salto a máxima categoría ), o mesmo lle sucedía a Leti que se enfrontaba o seu ex equipo.

O Fisober  prantexou o partido baseado na defensa e tentando saír nalgunha contra se podía. E abofé que na primeira parte conseguírono. Apenas recibiron ocasións e desactivaron o xogo das coruñesas . Iso si na primeira metade apenas chegaron as da Costa a portería defendida por Eva.

Na segunda metade, poñíalle unha marcha máis as coruñesas e os tres minutos Cris adiantaba as visitantes. 

A segunda parte foi un pouco máis aberta xa que o físico foi diminuindo pero aínda así as locais seguían a facer un gran partido e a dar unha gran imaxe. Nunha segunda metade na que as porteiras tiveron máis protagonismo  sobre todo a local Leti.

A sete para o fin Lidia e María mandaban sendos lanzamentos o pau case consecutivos. Pero a resposta local non se fixo esperar e Noelia prantábase no man a man con Eva pero esta solventaba ben a situación mandando a saque de esquina.

A tres para o fin Patri mandaba o seu lanzamento o trabe. A un e medio para o fin o Fisober disfrutaba dun dobre penalti e de novo no duelo de amigas Noelia vs Eva saía vencedora a porteira que atallaba o lanzamento.

Nun último minuto tolo  as porteiras decidiron que o resultado xa non se movería, Leti freaba a Lidia e as ocasións finais locais por parte de Mai e Myrella foron freadas por Eva.
En definitiva o equipo deixou gran sabor de boca os seus siareiros.



Segue a campaña de abonados do FISOBER se queres renovar o teu abono, facerte novo socio ou colaborar co clube ponte en contacto con calquer directivo, nas redes sociais do clube , ou no teléfono 635436173 ou no mail fisober@gmail.com

Tamén siguen os adestramentos das categorías inferiores, si queres formar parte delas podes poñerte en contacto no teléfono 635.43.61.73 ou no mail fisober@gmail.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario