lunes, 24 de febrero de 2014

Fisober B - A Baña. 1-0.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – A BAÑA. 1-0

FISOBER B : Anabel, Paula Fandiño, Andrea, Laura e Tamara ; tamén xogaron : Noelia, Alejandra e Natalia.

A BAÑA : Eva , Daniela, Rocío, Nerea e Tania ; tamén xogaron : Marta, Andrea, Lucía, María Maroñas e Lidia.


ÁRBITRO: Jorge Fernández , CRONO : Daniel Brea.

GOL : 1-0 Noelia.

Poñía fin a súa xeira de malos resultados o filial do Fisober acadando a primeira vitoria do ano , pechando así  un excelente fin de semana para o clube con vitorias en Nacional e Provincial.

Nun partido na que as xóvenes xogadoras locais se mostraron de novo moi ansiosas na busca da vitoria na que tiveron ocasións para sentenciar moito antes  pero remataron sufrindo. A ver si con esta vitoria conseguen un pouso de tranquilidade para vindeiros partidos.

Arrincaron co dominio do xogo as locais e sen pasar apuros en defensa. Chegaban con certa solvencia o feudo rival pero non poñían en demasiados apuros a Eva, a non ser con algún que outro lanzamento lonxano.

O filial do Fisober tiña o control do partido e gozou da máis clara oportunidade por mediación de Laura quen en boca de gol vío como unha xogadora visitante salvaba na raia. Os últimos metros están a ser unha tortura para o filial.

Nunha das poucas ocasións visitantes nesta primeira metade desta vez era a local Andrea a que salvaba o gol visitante despois dunha moi clara oportunidade.

E cando parecía que se chegaría con ese resultado o tempo de lecer , nos últimos segundos da primeira metade despois dun saque de banda Paula Fandiño foi  a máis lista sacou rápido collendo desprevidas as visitantes e logrando Noelia o gol a pracer.

Este gol deulle algo de confianza o filial do Fisober que na segunda metade tivo algo máis de pausa e chegou con máis claridade ante Eva. As visitantes tamén decidiron arriscar un pouco máis.

Chegaban ocasións para as da Costa  coma un lanzamento o pau de Paula Fandiño e outras moi claras por parte de Tamara, Noelia, Andrea e a mesma Paula Fandiño, pero o segundo gol que pechara o partido non daba chegado. As visitantes chegaban nalgunha contra perigosa como unha que finalizou a pequena Nerea.

As locais seguían sen ser quen de superar a Eva e  polo tanto  non daban pechado o partido co cal  os últimos minutos foron un ida e volta continuo cas da Costa na busca do segundo e as do Val da Barcala na busca da igualada.

As visitantes nestes últimos minutos reclamaron un posible penalti e na última xogada do partido tiveron unha dobre ocasión que desbaratou Anabel.


Destacar a volta de María Maroñas a Vimianzo desta vez ca camisola de A Baña e a lesión da local Tamara nun xeonllo que esperamos se quede nun susto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario