lunes, 10 de febrero de 2014

Fisober B - Mabegondo. 1-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – MABEGONDO : 1-2.

FISOBER B : Anabel, Paula Fandiño, Andrea, Inés e Laura ; tamén xogaron : Noelia, Alejandra, Natalia e Tamara.


MABEGONDO : Begoña, Ana Belén, Alba, Angeles e Vanesa ; tamén xogaron : Melissa, Paloma, Bibiana e Ainara.

Árbitro : Paula Garrido ,  Crono : Yolanda Valdes.

GOLES : 0-1 Vanesa  , 0-2 Vanesa ,  ( descanso ), 1-2 Inés.

Mal partido do filial do Fisober que sigue ca súa mala xeira de resultados e non foi quen de superar o Mabegondo. A noticia máis positiva da tarde foi a volta de Natalia despois de máis de dous meses con problemas nun pé.

Non atopa o seu ritmo o filial, ou xoga demasiado lento ou  demasiado precipitado e non é quen de marcar un propio, sempre se contaxia do ritmo do rival.

Recibir o primeiro gol os tres minutos por mediación de Vanesa  fixo que as locais xa dende o comezo xogaran demasiado precipitadas. E a pesares de que lograban ter ocasións eran máis froito de xogadas individuais que de xerar xogo colectivo.

O Mabegondo ben colocado  xogaba o seu papel e buscaba un segundo gol que lle puxera as cousas máis difíciles as da Costa e logrouno a oito para o fin da primeira metade de novo Vanesa.

Seguían as locais a gozar de máis ocasións cas visitantes, pero tampouco nos últimos metros andan acertadas nesta fase da tempada. As ocasións máis claras eran para Inés e Paula Fandiño pero ou enviaban fora ou se atopaban cos paus.

A segunda metade seguiu co mesmo guión, aínda que as contras visitantes eran moito máis perigosas que na primeira metade froito dunha maior ansiedade e toma de riscos local.

 As locais non eran quen de marcar un gol que as puxera no partido e as visitantes de facer un que o pechara. Máis e mellores ocasións para as da Costa, pero a porteira faiselle enorme  e a portería  se lle está a facer pequena, e  non chegaba o ansiado gol.

Así pasaban os minutos e nada cambiaba , iso si cada vez quedaba menos.


E nada cambiou ata os últimos segundos  no que por fin Inés atopou o gol. E incluso tiveron unha última ocasión para igualar case coa bocina pero os puntos voiaron cara Mabegondo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario