domingo, 2 de febrero de 2014

Fervenza - Fisober . 3-3.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : A FERVENZA – FISOBER F.S.F. : 3-3.

FERVENZA : Nerea, Laura Doce, Antia, Irene e Claudia Paz ; tamén xogaron : Andrea, Cintia e Belén.

FISOBER : Eva, Patri, Elsa, Ana e Noelia ; tamén xogaron : Nuria, Myrella, Raquel e Inés.


ÁRBITROS : Borja Arca e Julio de la Iglesia , CRONO : María J. Mallo.

GOLES : 0-1 Myrella min. 14 , 1-1 Claudia Paz min. 19 ( descanso ) , 1-2 Nuria min. 25 , 2-2 Cintia min. 29 , 2-3 Nuria min. 31, 3-3 Cintia min. 38.

Este sábado  arrancaba a segunda volta para o Fisober pero tamén a súa nova páxina web ( www.fisoberfsf.com ) aínda que  non o puido facer con vitoria no derbi galego da Segunda División Nacional.

Rematou con igualada nun partido cheo de  goles raros e no  se lle foron dous puntos o final. As da Costa nunca foron capaces de poñer dous goles de marxe e as de Ferrolterra nunca se rendiron.

Saíron a pista os dous equipos  temerosos conscientes da importancia do partido, as xóvenes xogadoras  locais por mor da súa clasificación e as visitantes aínda co duro resultado fronte o Stilo na mente.

Primeiros minutos de tanteo cos equipos buscando seu sitio na pista. As visitantes decidiron de saída esperar a media pista e deixar crear as locais. Co paso dos minutos foi crecendo a intensidade visitante.

E así foron chegando as primeiras ocasións para as da Costa por parte de Elsa, Noelia  e  Nuria despois que  tentaron abrir o marcador.

Algo que ocorreu no minuto 14 nunha contra visitante que cando parecía que perderan toda a vantaxe ,rematou cun lanzamento de Myrella ca esquerda que se colou pegado o pau para poñer o cero a un.

As locais descentráronse un pouco co gol pero as da Costa non foron quen de aproveitalo, nin Inés nin Noelia acertaron nas ocasións máis claras. Para as locais un lanzamento de Laura Doce que despexou Eva.

E cando parecía que se ía chegar con vantaxe visitante o tempo de lecer un lanzamento de Claudia Paz a pouco máis de un minuto para o fin, esbaroulle entre as mans de Eva e entrou paseniño na portería.

Comezaba un novo partido de vinte minutos e os dous equipos foron máis agresivos na segunda metade. Salio disposto o Fisober e Noelia no primeiro minuto gozaba dunha boa oportunidade,pouco despois era 
Nuria quen facía dano as costas das locais pero Nerea desfacía o perigo.

A quince para o fin un lanzamento de Nuria despois dun saque de esquina tropezaba nunha serie de pernas e colábase para facer o 1 a 2.

Pero pouco lle durou a ledicia as visitantes xa que un lanzamento local a once para o fin tropezaba na perna de Ana e describía unha incrible parábola por encima de Eva para que Cintia solo tivera que empurrar sobre a  mesma liña.

Despois deste gol chegaron os mellores minutos do Fisober, a dez para o fin un perigoso lanzamento de Patri. A nove para o remate do encontro unha contra finalizada por Nuria poñía o 2 a 3 no electrónico.  Solo un minuto despois unha xogada de Patri remataba co seu lanzamento o pau.

As da Costa non eran quen de poñer un segundo gol de vantaxe que derrumbara as xóvenes e combativas xogadoras locais.

A cinco para o fin chegou a xogada polémica do partido cando as visitantes pediron un posible penalti sobre Patri.

E o igual que na primeira metade a pouco máis de un minuto para o fin  cando parecía que os puntos viaxarían cara Vimianzo un lanzamento de Laura Doce colouse por unha morea de pernas Eva despexou ,pero a máis pequena da clase, Cintia andaba por alí de novo para aproveitar o balón e igualar o partido.


Aínda así a sete segundos  para o fin un balón longo que peiteou Ana case se converte no gol da vitoria visitante.


No hay comentarios:

Publicar un comentario