lunes, 17 de febrero de 2014

4 Arcos Logroño - Fisober. 3-4.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : CUATRO ARCOS LOGROÑO – FISOBER F.S.F. : 3-4.

4 ARCOS LOGROÑO: Ana Palacios, Ana, Ana Sesma, Bea e María Carro ; tamén xogaron : Elena, María Miguel, Joanna  e María Cuello.

FISOBER : Eva, Patri, Inés, Ana e Raquel ; tamén xogaron : Elsa, Nuria e Noelia.


ÁRBITROS : José Cárcamo e Juan Carlos Sarabia ;  CRONO : I. Martínez.

GOLES : 0-1 Nuria, 1-1 Ana, ( descanso ), 1-2 Nuria, 1-3 Patri, 1-4 Noelia, 2-4 María Miguel, 3-4 Bea.

Ca vitoria acadada este sábado polo Fisober en Logroño logrou xa os mesmos puntos que na tempada pasada  cando aínda lle quedan sete partidos por disputar. Un partido que puido acabar con goleada pero que tiveron que sufrir ata o final.

O partido comezou co dominio do Fisober o cal as locais esperaban en media pista na busca dun erro para poder saír a contra.

Arrancaron moi ben as da Costa con control do partido e boas ocasións. As máis claras  para Raquel por partida dobre e Inés. As rioxanas tentaban aproveitar os erros visitantes e crear ocasións, a máis clara foi por parte de María Carro.

Sentíase cómodo o Fisober na pista e froito dese dominio chegou o gol visitante os nove minutos  nun lanzamento de Nuria que petaba nunha xogadora local para introducirse na portería. Aínda así o Fisober xoga demasiado ansioso e precipitado  nesta parte da tempada, con demasiados erros de cara a porta contraria.

E así nunha xogada aislada un lanzamento lonxano da rioxana Ana sorprendía as visitantes e colocaba un inxusto empate a un no electrónico a falla de seis para o tempo de lecer.

Pasaban os minutos con dominio e ocasións visitantes e algunha contra local, aínda que as da Costa se contaxiaban cada vez máis do ritmo que querían imprimir as locais. E con igualada chegouse o tempo de lecer.

O arranque da segunda metade por parte do Fisober foi incluso mellor que na primeira metade, imprimiron un maior ritmo o seu xogo e chegaron con maior claridade, moi metidas no partido. Así no primeiro minuto Ana se topaba co pau.

Os catro minutos da reanudación Nuria poñía en vantaxe as da Costa, dous minutos despois Patri facía o terceiro e un despois Noelia o cuarto que parecía que mataba o partido.

Pero nese mesmo minuto María Miguel de tiro cruzado facía o segundo rioxano. Baixaba un pouco o ritmo o Fisober pero as ocasións seguían chegando sobre todo por mediación de Nuria.

A nove para o fin entraba de novo no partido o equipo local cun gol de Bea.

O Fisober gozou de gran cantidade de ocasións dende aquí para non ter que pasar apuros finais pero Nuria a pesar dos dous goles non tiña o día claro de cara a portería e Patri tampouco puido incrementar a conta.

Así se chegou a un último minuto no que as rioxanas tentaron o ataque de cinco que defenderon ben as visitantes e incluso lle deu opcións de gol a Patri e a porteira Eva quequixo emular o seu gol da tempada pasada sen éxito.

Si Euskadi é territorio maldito con seis derrotas en seis visitas, A Rioxa todo o contrario con tres vitorias en tres visitas. Esperemos que este resultado lle de un maior pouso e tranquilidade o equipo de cara a vindeiras citas na busca de mellorar a tempada pasada.




No hay comentarios:

Publicar un comentario