domingo, 2 de febrero de 2014

Estradense - Fisober B. 7-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : ESTRADENSE – FISOBER “B” F.S.F. : 7-2.

ESTRADENSE : Vanesa, Luz Bugallo, Miriam, Vanesa Vilar i Eva ; tamén xogaron : Olaya, Alba, María, Cristina, Laura , Estela e Raquel.

FISOBER B : Anabel, Tamara, Laura, Inés e Paula Fandiño ; tamén xogaron : Andrea e Alejandra.


ÁRBITRO : Jorge Fernández ,  CRONO : Antonio Presedo.

GOLES : 0-1 Paula Fandiño, 1-1,2-1,2-2 Inés, 3-2 , (descanso ) 4-2,5-2,6-2,7-2. Os goles visitantes foron : Eva en 3 ocasións, Cristina en 2 e Vanesa Vilar e Olaya en unha.

Arrancaba a segunda volta o filial do Fisober na casa do líder de provincial pero non puido traer nada para a Costa ante un excelente ambiente en A Estrada  con gran cantidade de público.

Moi boa primeira parte do filial que lle puxo as cousas moi difíciles o líder, pero na segunda a chegada do cuarto gol foi unha lousa que xa non puideron superar.

Comezou moi ben o partido o equipo visitante e incluso se puxo por diante por mediación dun gol da infantil  Paula Fandiño.

O líder mostrou as súas credencias e deulle a volta o partido poñéndose dous a un o seu favor. Conseguía empatar Inés para o Fisober poñendo o dous a dous no electrónico.  O tempo de lecer chegouse con tres a dous a prol das locais.

No arranque da segunda metade Inés tivo a ocasión para o tres a tres que quizais puido cambiar o partido. Case de seguido chegou o catro a dous que fixo moito dano as xóvenes xogadoras da Costa.


Con este gol fóronse do partido e así se chegou ata o sete a dous definitivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario