O Fisober F.S. F. lanzou a súa nova campaña de socios para a tempada 2013-14 na que o clube chegará os dez anos dende o seu nacemento. Faio cunha novedosa idea baseándose nas redes sociais.
Sorteará entre todos os seus socios unha camiseta e unha bufanda ( que próximamente saliran ) do clube. Para participar :
Os socios deben publicar unha foto co carnet de socio desta tempada no Facebook do Fisober ou no twitter @fisober .
Entre tódalas fotos presentadas sortearase a bufanda, mentras que a camiseta será para a foto máis orixinal que consiga máis Me Gusta en Facebook ou máis RT no twitter , suma dos dous. A data límite para subir as fotos será o 31 de Agosto.
Colabora, faite socio.
Veremos como funciona a idea.
Recordemos que o Fisober presentará esta tempada equipo en Segunda División do que xa temos o calendario, o seu filial competirá na liga Provincial e como novidade esta tempada posiblemente presente un equipo de categorías inferiores en Liga Galega.
Así que máis que nunca van a necesitar o maior número de apoios, si queres ser socio, patrocinar ou axudar o clube podes contactar con calquer xogadora, técnico ou directivo do clube ou no mail : fisober@gmail.com
Así foi a campaña de socios da tempada pasada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario