sábado, 24 de agosto de 2013

O Fisober volta a Copa Xunta.

Por segundo ano consecutivo o Fisober participará na Copa Xunta. Quedou encadrado no Grupo C xunto co Viaxes Amarelle e o Cidade de As Burgas de División de Honra e co Funeraria Apóstol , campión de Liga Autonómica.




Os outros grupos estarán formados por :

No grupo A : Ponte Ourense, Valdetires Ferrol, O Montiño Concello de Mos e o Leis Pontevedra.

No grupo B : Comarcal A Fervenza, Poio FS e CD Burela FS.

Pasarán os campións de cada grupo e o mellor segundo dos grupos de catro equipos.

O Fisober recibirá na casa o Cidade de As  Burgas e o Funeraria Apóstol e tocaralle visitar o Viaxes Amarelle. As datas pódelas consultar na pretempada do Fisober. Sábado as 19 horas na Ponte do Porto fronte o Cidade das Burgas empezará a andaina.

Fronte o Funeraria Apóstol nos últimos anos o Fisober enfrontouse en varias ocasións, aquí temos un resumo dos que se celebraron dende a existencia do blog.

Cos equipos de Honra non se enfrontou o Fisober nos últimos anos, pero si co filial do Cidade das Burgas, así se viviron dende o blog eses enfrontamentos.

Mentras que co Viaxes Amarelle dende que temos blog solo houbo enfrontamentos entre filiais.

O ano pasado na Copa Xunta o Fisober enfrontouse o Ponte Ourense e o Poio FS.

A Copa Xunta servirá para preparar a tempada en Segunda División que terá este calendario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario