viernes, 23 de agosto de 2013

Arranca o Fisober.



O Fisober arranca unha ilusionante temporada 2013-14 na que cumplirá 10 anos de existencia.


As xogadoras vimiancesas arrancaron o pasado martes 20 de agosto a pretemporada no Pavillón Municipal de Baio de cara a preparar nas mellores condicións posibles o inicio de Liga.

Estas dúas primeiras semanas de adestramento alternaran o pavillón de Baio e a Praia de Lago en Muxía antes de disputar o primeiro partido da pretempada que será o venres 30 de agosto ca disputa dun triangular no pavillón municipal de Cee

O equipo de 2ª División dirixido por Jordi, Luís e Fran presenta poucas novedades con respecto o ano pasado, xa que so reincorpora a Patri Romaní que regresa o equipo despois de xogar parte da tempada pasada no Viaxes Amarelle de 1ª División. A novidade deste ano será que calquera das xogadoras do equipo filial podera xogar no 1º equipo gracias a fusión da FGFS e a FGF.

Pola súa banda o equipo filial dirixido una tempada máis por Mauro e Jemisa incorpora a Andrea e Alejandra procedentes do CD Baio cadete, Anabel CD Baio femenino e a Raquel que procede do FC Meigas de Ames.

O equipo infantil do Fisober que este ano participara na Liga Galega Infantil non empezara os adestramentos ata finales de setembro, serán no pavillón de Vimianzo tódolos venres e sábados ata o inicio da Liga, que está previsto para o mes de novembro.

Merchandising
O Club, con motivo do seu 10 aniversario xa ten a venta a bufanda do Fisober FSF por tan so 10€, todos os interesados en adquirila so teñen que poñerse en contacto con calquera persona do equipo ou mandar un email a fisober@gmail.com ou o Facebook do Clube.

E sigue tamén sigue a campaña de Abono Fisober.

Planning pretempada


Martes 20 Pavillón de Baio

Mercores 21 Pavillón de Baio

Xoves 22 Praia de Lago (Muxía)

Venres 23 Campo de fútbol de Vimianzo

Domingo 25 Praia de Lago (Muxía)

Martes 27 Pavillón de Baio

Xoves 29 Pavillón de Baio

Venres 30 Amistoso en Cee

Sábado 31 Copa Xunta contra Cidade das Burgas (1ª División)

Martes 3 Pavillón de Vimianzo

Venres 6 Pavillón de Vimianzo

Sábado 7 Copa Xunta contra ViaxesAmarelle (1ª División)

Martes 10 Pavillón de Vimianzo

Mércores 11 Partido amistoso en Pontevedra Marcón vs Fisober

Xoves 12 Pavillón de Vimianzo

Mércores 18 Pavillón de Vimianzo

Viernes 20 Pavillón de Vimianzo

Sábado 21 Partido Amistoso Fisober vs Marcón (Pontevedra)

Domingo 22 Pavillón de Vimianzo

Mércoles 25 Pavillón de Vimianzo


Venres 27Pavillón de Vimianzo

Sábado 28 Partido Copa Xunta contra Funeraria Apóstol (Campión Liga Autonómica)

Este plan podería sufrir variacións segundo diferentes circunstancias é meramente orientativo.

Calendario de Liga. Segunda División.

Nota de prensa do Fisober.


No hay comentarios:

Publicar un comentario