viernes, 31 de mayo de 2013

Postureo & Prioridade !


Que fichaxes  necesita o Real Madrid , cales son os postos a cubrir, que ten que facer para tentar voltar a gañar títulos ? Queremos os fichaxes galácticos do postureo ou o que necesita realmente  o equipo, as prioridades.


Primeiramente necesita un presidente, que será Florentino Pérez, o cal non lle viría do todo mal un rival, algo de competencia  nas eleccións , que non vai a suceder.

Parece que elixirá a Zidane como asesor, director técnico ou como queiramos chamarlle. É unha figura que me parece que necesita o clube, despois do totalitarismo de Mou, pero será Zizou o adecuado, acertou con Varane non hai dúbida, pero que fora un gran xogador non asegura que vaia ser un gran asesor, hai casos e casos do contrario. Eu solo pido que non lle dea a razón a todo o que queira Florentino como fan Butragueño ou Pardeza, diferir en algunhas ideas  é positivo, Valdano ademais da súa faladuría barata  penso que algunha vez facíao , penso.

Despois tocará elixir adestrador, eu nesto xa estou perdido eso si que veña gratis , respiro sabendo que Benítez non será, xa non sei que é mellor, man dura, branda, coma sempre un termino medio e que Flo lle deixara traballar e lle fixera algo de caso, un termino medio nin o estilo  Mou , nin o  Pellegrini funcionaron  o fin e o cabo os resultados decidirán, eles deciden o estilo.

Unha vez plantexado isto o adestrador e o director técnico deberían decidir o que fai falla, para min a día de hoxe as prioridades estarían claras, un lateral dereito, un sustituto para Xabi Alonso e un dianteiro centro.

Parece que o do lateral dereito está claro será Carvajal o que voltará a casa, eu totalmente de acordo, a min a política de venda con opción de recompra gústame. Si o rapaz vale  perdes uns millóns pero fogueástelo. En caso contrario non o terás de volta ano tras ano para buscarlle unha nova cesión e ter unha morea de xogadores na pretempada que non sabes onde colocar.

Non existe no mundo ou eu non o coñezo, un sustituto ideal e  cas mesmas características que Xabi Alonso, nin nada que se lle pareza, o Real Madrid debe buscar un xogador mistura de  creativo e cun certo traballo defensivo, Gundogan, Verratti,outro ? ( si lles podemos chamar creativos ) , máis alá do precio poderían aportar algo pero quedará a dúbida do efecto Sahin, o que non necesitamos creo  é o músculo de Kondogbia e xogadores polo estilo. E pensar na reconquista dun xogador coma Borja Valero, non ? Pena de Javi Martínez aínda que eu non pensei que daría tal nivel, hai que quedarse tamén cas poucas facilidades que dan para a compra dun xogador nacional o Real Madrid.

Finalmente o dianteiro, nin Pipa , nin Karim tiveron un bo ano e podería saír calquera dos dous. Como sempre digo Pipa ten moitas cualidades pero non é o dianteiro que nos dará a Champions , funciona ben en Liga pero fatal en Europa. Karim é a clase e a preguiza, o empané  capaz do mellor  e do peor esa cabeciña que tan pronto se ven abaixo. De desfacerse de un sería o Pipa, pero na miña opinión nin Luís Suárez( idas de olla incluidas ), nin Cavani o melloran e si por encima perdemos diñeiro xa nin pensalo. Un cambio fai falla, que chegue a fame o equipo pero non para empeorar.

Esas son as prioridades pero o que lle teño medo é o postureo típico de Florentino. Eu son feliz pola non chegada de Neymar, non digo que non chegue a ser o mellor do mundo e quizais me tiraría dos pelos pero o factor Robinho unido o desastre que nos resultou Kaká e o seu prezo  dábanme moito medo.

Sobre Gareth Bale que vou decir, sempre me gustou, xa cando era un poderíamos dicir carrileiro , máis  agora que é un xogador incrible que se move por todo o fronte de ataque, o novo CR ?  pero eu abogo por reforzar máis posicións en vez dun gran fichaxe que impida mellorar o plantel e incluso o debilite. 

Sempre recordarei a marcha de Makelele e a chegada de Beckham, hai xogadores e postos vitales e estas cousas son cas que terá que lidiar Zizou con Flo. Un lote Isco-Navas quizais sería máis produtivo? Isco  posible postureo tamén, caese a esquerda ou o medio dous postos ben cubertos na actualidade. Ou a dupla do Barça Thiago-Tello, necesarios, por fastidiar…….Se chegara Bale e non perdéramos potencial eu firmo, pero sen postureo de Flo.

O postureo podería provocar vendas perigosas para recaudar. Aceptaría a venda de Coentrao, Di María, Pipa e algún máis  pero con condicións. Non vendería a Coentrao  a calquer prezo e traería un lateral esquerdo suplente para Marcelo ou tiraría de canteira pero necesitaríamos un suplente. Coentrao ten a lousa do seu prezo que foi unha estafa, eu sempre dixen que Monreal ou alguén similar podería facer o mesmo traballo e cun custe menor, tamén digo que é un xogador cumpridor e que fixo o seu servizo, se fora un xogador de dez kilos que debería ser o seu valor o seu análise sería máis xusto. Para o caso do Pipa ou Di María algo parecido vendelos a bo prezo e con sustituto.

En definitiva o importante é ter un bo grupo e confiar nese grupo, creo que o Real Madrid ten ese grupo e necesita uns lixeiros retoques, a pesares de non gañar nada este ano o bloque está feito, sangue nova e competencia en tódolos postos  fai falla pero sen pasarnos nin desfacer o que xa hai e que dende o presidente ata o último xogador dean ata a última gota de suor polo REAL MADRID. Os títulos están cimentados no bloque e na utilización deste.

Todos as miñas entradas sobre o Real Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario