SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – A FERVENZA .
1-3.
FISOBER : Eva, Elsa,
Ana, Noelia e Myrella ; tamén xogaron : Inés, Nuria, Olalla, Barca,
Laura e Paula.
A FERVENZA :
Nerea , Mavi, Ale de Paz, Irene e Alba ; tamén xogaron : Belén, Laura Doce,
Andrea de Paz e Claudia.
Árbitros : Miguel
Sierra e Rubén Ferrero ; Crono : Alicia Castro.
GOLES : 0-1 Mavi
( descanso ) 1-1 Olalla, 1-2 Ale de
Paz, 1-3 Ale de Paz.
O Fisober puxo
fin a súa tempada de debut na Segunda División do fútbol sala feminino español cunha meritoria oitava praza despois dun
ano cheo de dificultades que sacou adiante co enorme esforzo do grupo.
Iso si non
puideron darlle unha última ledicia os seus siareiros xa que perderon no derbi
ante un A Fervenza que se xogaba o descenso. Xogar coma local quizais foi a
gran asignatura pendente das da Costa onde solo lograron unha vitoria e un
empate. Cando a tempada anterior na competición Autonómica fora un fortín cun
pleno de 15 de 15 vitorias entre Liga e Copa.
O partido
comenzou cun A Fervenza lanzado o cal solo lle valía a vitoria e esperar
resultados para salvar a categoría. As locais non se atoparon cómodas nestes
primeiros minutos ante o forte empuxe visitante.
O conxunto
visitante chegaba con perigo a porta defendía por Eva aínda que non eran quen
de superala. Pero ese forte ritmo imposto polas xogadoras de A Fervenza, foi
poñendo no partido as xogadoras da Costa.
Pasaban os
minutos e o dominio visitante xa non era tan abrumador como a saída. Ata que os
nove minutos unha xogada de tiraliñas de A Fervenza remataba co gol da veterana
Mavi para poñer por diante as súas.
Solo un minuto
despois os colexiados sinalaban unha posible man a Ana que cedía para unha Inés a cal igualaba o partido, pero o gol era anulado. Unha man que supuxo a quinta
falta das locais faltando aínda dez minutos.
Iso condicionaba
e moito o resto desta primeira metade, as locais xa tiñan no lombo cinco faltas
e tres cartóns amarelos.
As visitantes
tiraron partida da circunstancia. Cando faltaban oito para o fin desta primeira
metade Ale de Paz desaproveitaba un dobre penalti o borde do área. O Fisober
pasou os seus peores minutos pero a actuación de Eva, conseguiu que o partido
seguise nun pano.
As visitantes
aínda dispuxeron dun libre indirecto e doutro dobre penalti que Ale de Paz non
aproveitou. Coa vitoria mínima visitante chegamos o tempo de lecer.
A saída dos
vestiarios xa nada foi igual. O Fisober sen o problema de faltas e moito máis
centrado tomou o control do partido. Agora quen facía contragolpes eran as
visitantes.
Nun deses
contragolpes os cinco minutos Ale de Paz mandaba o balón o pau.
Pero os seis
minutos desta segunda metade o balón chegaba en vantaxe para Olalla que cunha
excelente vaselina igualaba o partido. Olalla que marcaba o seu primeiro gol en
Segunda División, unha xogadora de poucos goles pero sempre de bela factura.
E cando mellor
xogaba o Fisober e parecía ter controlado o partido, un balón cruzado que
parecía non ter perigo chegou a Ale de Paz que desviaba lixeiramente o balón e poñía de novo en vantaxe as
súas.
Un gol que fixo
dano as locais que tiveron que asumir máis riscos e buscar a igualada que non
chegaba. Unha perda a resta de sete minutos para o fin deixaba de novo en
vantaxe a Ale de Paz que non erraba e facía o un a tres que a postre foi definitivo.
O Fisober tomou o
dominio definitivo do encontro pero o gol non quixo chegar e os minutos foron
pasando lentamente. As locais non eran quen de materializar as súas ocasións e
as visitantes xa apenas chegaban máis preocupadas de aguantar o resultado.
Así se chegou o
fin co resultado final de un a tres.
Recordar que as xogadoras cadetes Inés, Laura e Noe entraron na lista final da Selección coruñesa cadete e que disputaran o torneo autonómico o venres 17 de Maio en Lugo.
Dende o Fisober agradecer a todas aquelas personas, entidades, medios.......... que apoiaron o clube da maneira que fora para sacar adiante esta tempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario