Vamos a deixar por aquí o resumo madridista do 2022 polo blog para rematar este ano tan bo para o Madrid e tan malo no persoal no que o blog foi unha forma de escape.
En xaneiro prometíamonolas moi ledas, coa posible chegada do vikingo e o sapoconcho, flipábamos con Flo, que pauaso levamos despois. No futbolístico o típico pesadelo despois de Nadal. Contra os Che´s recuperamos algo. O pasamento de Gento tamén chegou en xaneiro e un novo tropezo en liga.
En febreiro descubrimos a V&N. Comezaron as filtracións sobre o Carlo, o triunfo sobre o Graná, o partido nefasto en Paris antes de que todo trocara e como non as continuas filtracións.
En marzo movemos a cadeira e polo menos as nosas cabezas pensaron noutras cousas, pero chegou o bochorno no clásico que nos matou.
Abril arrancou con Adn, aínda que tamén rabudo e cheo de novas sensacións. Jabois voltounos a emocionar para rematar co mes das choivas.
Maio foi o mes prodixioso do blog, contamos que non sabemos disfrutar os madridistas, pedimos desculpas por queimar tanto a Carletto que se levou a liga. Pero sobre todo disfrutamos o momento. Aínda que non todo foron ledicias, primeiro foise o vikingo, e despois o ridículo do sapoconcho.
Xuño foi grande, chegaron as despedidas, quedamos retratados ca 14, pero o mellor foi que Flo pasou polo blog vía carta e vía entrevista.
En xullo non caeu nada por aquí foi tempo para o Muxía e para Lolaso.
En agosto palancas, o adeus de Casemito e a fábrica.
En setembro e outubro de novo basket con Karu e a lupa de Chus.
Novembro foi coa picada en Vallekas e co pre-mundial.
Pechamos decembro co conto de Nadal.
Despedimos o 2022 e damos a benvida ao 2023, confiemos nunha mellora no persoal e que o Madrid manteña a liña, pero xa sabemos que é unha dificil combinación a vida. Hai que disfrutar cada momento cos nosos.
Feliz Ano Madridistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario