viernes, 30 de diciembre de 2022

O galego.

 Fai uns días saltaba a nova de que o uso do galego está por debaixo xa do uso do castelán. Se non escoitei mal según datos do INE basados no ano 2021.



A un servidor colleuno por Euskadi, por certo tanto en Bilbo coma en Donosti sorprendeume o pouco uso do euskera, case non se escoitaba a xente falalo polas rúas. Cando dende aquí tiña a percepción de que era de uso maioritario.

Pero vamos ao noso, este é un blog en galego, aínda que cando tiramos dos "tuister stars" ou dalgunha que outra frase pois a veces usamos outros idiomas. 

O que escribe pensa en galego e polo tanto tamén fala galego, pero non de maneira exclusiva. Xa nos gustaría falar tódolos idiomas do mundo, que gustazo sería poder entenderse falando con calquera persoa do mundo. E mais co traballo que ten un actualmente.

Potenciar o uso de tódalas linguas, ser inclusivos, respetar e ser respetados, non esquencer as tradicións, nin o noso pasado. Como nos gustaría poder ter tódalas "cantareas" e contos que nos contaron as nosas avoas e os nosos avós. Non perdamos o galego, isto non é unha guerra de linguas, tan só cultura e tradición.

Como di Nos os galegos: "Somos unha xeración triste, chea de fotos felices." Troquemos iso. 

Nin falar galego é malo, nin falar castelán é malo, nin falar euskera é malo..... saber idiomas, coñecer diferentes culturas fainos un pouco mellores, non o esquenzamos. 



Seguir a xente de ideas totalmente distintas con capacidade de argumentar e debatir faiche percibir moito mellor a realidade aínda que xenere certo mal corpo.

Ata aquí esta pequena reflexión.

Pechamos con dúas frases míticas:

O peor galego é o que non se fala.

 Ningún galego é incorrecto, só o que non se fala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario