martes, 12 de diciembre de 2023

Apuntiños para hoxe.

 Hoxe remata a primeira fase de Champions para o Madrid cun partido intranscendente no clasificatorio para os brancos.



No económico si que conta, segundo leo son 2,8 kilos un triunfo hoxe e casi 1 o empate, polo tanto igual dende a T4 apretan o Carlo.

Un servidor saía con: Kepa, Lucas, Nacho, Alaba, Fran, Mario, Ceballos, Nico, Gonzalo, Brahim e Joselu. Non creo que o Carlo salga con iso pero aquí o deixo porque a xente necesita descansar, sobre todo Fede, Rodrygo, Rudiguer, Jude e os velliños do medio.

Kepa ten que xogar hoxe como o tería que facer Lunin en caso contrario, pero o domingo poñía o ucraíno seguro, para min de momento sería o titular.

Non sei como de preto están para voltar Tchu e o ollomoliño pero virían ben pernas frescas para axudar algo nestes dous partidos, aínda que mellor que cheguen fortes para xaneiro que vai estar cheo de partidos e viaxes. Hoxe saberase a onde toca ir en Copa por certo.

Unha pena os puntos que marcharon o sábado, non fixemos mal partido pero co gol e ca entrada de Ceballos descompuxemonos de mala maneira, do penal e o gol anulado non falamos. Quitou a Kroos o día que non tiña que quitalo, camiñando estructuraba o equipo enteiro, como teña quen corra para el é un crack, igual cos 30 minutiños de Lukita.

Tampouco de que xa estamos ca campaña Jude é malo, como pasou con outros anteriormente. Xoga no Madrid e non saiu un pufo de momento e toca atizarlle avivado pola prensa claro.

Estase a falar moito de Miguel dende o domingo, aquí xa sabedes que sempre fomos moito de Miguel e que lle vimos máis potencial ca Fran. Considerámolo un mini Marcelo. Pero claro o Carlo púxolle a cruz e fai a laboura de Cama cando xoga de lateral pero con menos físico, moi diferente a Fran que ten outras características. Fran tamén o fixo xenial no Raio e coma Miguel no defensivo pecan. Parece que por 8 kilos é repescable, non sei que faran sobre todo se andan detrás do canadiano do Bayern, outro cachimán físico pero con certas carencias atrás, pero claro o físico e a autosuficiencia suple o entramado táctico que necesita Miguel en Girona, algo que quizais aquí non tería.

Sempre apoiaríamos as voltas dos Miguel, Arribas, Kubo....., non somos dubidosos sobre o tema. Como tamén somos moi dun Mendy sano.

As 13 horas en RMTV tedes o xuvenil por si queredes e tamén o sorteo de Copa.

Os doce de decembro sempre días para o recordo.

Anteriormente:

Lesións . 

Asamblea .

O partido co Braga.

Apuntiños do clásico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario