jueves, 21 de diciembre de 2023

Super League today.

 Pois hoxe de novo está de actualidade a Superliga, que vai crear moita controversia nos próximos días, viralle ben a prensa en semanas sen fútbol ter de que leirar. A sentenza non avala a Superliga, di que é posible, algo moi diferente.



Isto é claramente unha guerra por quen regula o fútbol e quen se leva o cartiño, así de simple. É coma en todo

Agora que queda. Pois moi simple ou un acordo entre a Superliga e a Uefa  ou a creación de dúas competicións, como xa vivimos no seu día ca Euroliga, cunha loita por sobrevivir. Véxolle difícil a situación a Superliga sinceramente.

A chave vai estar nos equipos que queiran facer forza. Ca Premier en contra, non lles convén obvio, o PSG tamén estaba cantado. A cuestión é convencer o resto sobre todo os alemáns que de saída están en contra. Esto non deixa de ser unha partida de cartas, non van dicir de saída que están de acordo pero se non tes un número de equipos considerables a favor de negociar estás fastidiado porque a túa man perde valor. Coller equipos holandeses, portugueses, belgas, italianos, franceses e algún que outro con nome para o proxecto é diferencial. Equipos con masa social e algo de tirón para facer forza. Así convencer a grandes de antano coma un Rapid de Viena, Steaua, PSV, Ajax, Feyenord, Benfica, Porto, Ferencvaros, Partizan, Estrela Vermella ... ou similares enchendos de cartos e que poidan competir cos random da Premier que che fichan a calquera, así a xente igual ve bo o sistema, isa sería a verdadeira Super League, gañando no campo. Cantos gañan a súa liga e despois non aparecen en Europa, en troques se o Madrid ou o Arsenal quedan cuartos en liga van aparecer, ollo o piollo. 

Sinceramente faiseme raro o do fútbol gratis, que mola pero non o vexo viable, supoño que é para captar xente de saída. Sempre dixen que o fútbol a un prezo razoable pois compraríao máis xente e faría menos viable a piratería. Tamén creo que o proxecto sigue sendo moi difícil pero dalle unha opción de negociación ós clubs que deben aproveitar. 

Cousas curiosas son que o Bayern que xoga a Euroliga este en contra desto, ou o Alavés que comparte  propiedade co Baskonia tamén, a vida xentiña.

Intereses económicos, políticos .... están en xogo. Moita xente vive desto e do contiño tamén e non queren perder os seus dereitos, por un e por outro bando. Prensa afín, pago por artigos, .... un xogo de tronos a vida ou morte. Quen domina a linguaxe domina a mente. Din que xa están a recuar cá próxima Champions, algo móvese.

Como di Svilarino: " O fútbol gusta cando os involucrados xoganse algo. Canto máis preto está o desenlace o partido en si. O fútbol actual vai en dirección contraria. Máis partidos irrelevantes aínda que en teoría atractivos."

A competición vai mudando de cada vez que sae algo, de feito creo que deberían estar calados e non cagala entrando ó trapo tan pronto, nin presentando en Chirincircos da vida. Agora sería así segundo A 22 e o diario O Jogo:

No futebol masculinho, a proposta é de uma competição com 64 clubes distribuídos por três divisões; No futebol feminino serão 32 equipas, em duas divisões. Os jogos serão a meio da semana e as equipas escolhidas com base no mérito desportivo, havendo promoção e despromoção, sem membros permanentes.

Outra das principais novidades é que os adeptos "poderão assistir aos jogos em direto e grátis numa nova plataforma de streaming". A A22 Sports Management garante também que "as receitas mínimas são garantidas e superiores às previstas para o próximo ciclo, tanto para os clubes como para a solidariedade no mundo do futebol."

● As duas primeiras ligas, a Star League e a Gold League, têm 16 clubes cada, enquanto a terceira, a Blue League é composta por 32 clubes.

● Participação baseada no mérito desportivo, sem membros permanentes.

● Promoção e despromoção anual entre as ligas. O acesso à Blue League basear-se-á no desempenho nas ligas nacionais.

● Os clubes jogarão em casa e fora em grupos de 8, totalizando um mínimo de 14 jogos por clube por ano.

● No final da época, uma fase eliminatória decidirá as promoções e os clubes campeões de cada liga.

● Não haverá jogos europeus para além dos já previstos nas competições aprovadas e os jogos a meio da semana não interferirão com o calendário das ligas nacionais aos fins-de-semana.

● No primeiro ano da competição, os clubes serão seleccionados com base num índice de critérios transparentes baseados no desempenho.

● As regras de sustentabilidade financeira e de transparência serão fundamentais para garantir uma concorrência leal entre todos os clubes participantes.

A feminina:

● A Star League e a Gold League terão 16 clubes cada, divididos em dois grupos de 8, com jogos em casa e fora e um mínimo garantido de 14 jogos por clube por ano.

● No final da época, uma fase eliminatória decidirá as promoções e os clubes campeões de cada liga.

● Promoção e despromoção anual entre as duas ligas e acesso à Liga Ouro com base no desempenho nas ligas nacionais. 

A ver como de desenrola todo nos próximos días.

Anteriormente:

Superliga again.

Superpifia . 

Superfíos . 

Superpandullasos . 


No hay comentarios:

Publicar un comentario