martes, 22 de junio de 2021

Fascículo I : O Churu.

 Fai semanas que estaba pendente un artigo e finalmente serán varios, hoxe vamos co primeiro da serie adicado ao Churu, DSRG ou Serghido Ramos como lle chama miña avoa.



Sergio posiblemente sexa un dos mellores defensas da historia do Real Madrid e sobre todo cun carisma e cunha persoalidade única. Pero os xogadores non son eternos e os anos van para arriba para todos e xa son 35 aniños no lombo, ben que se notou este ano que no 2021 case non xogou partido. Con Ramos coma moitos outros é unha historia de amor e odio, cremos dende aquí que o seu principal problema foi o seu representante. Un home de grandes partidos, pero no día a día de bastante desconexión que nos costou algunha que outra liga.

O Churu xogou unha partida de truco co club e saílle todo mal, o seu representante non se mostrou moi espabilado e o quero retruco foi un desastre, non tiña boa man e descubríronselle as cartas. Nos últimos meses xa fomos avisando tanto en mollámonos cos nomes coma en damos os nomes que non nos estaba a gustar o xogo.

A Ramos quedouselle a faciana de Hierro na tempada que tamén se foi do Real Madrid, aquela mítica noite en Turín na que Nedved parecía un avión cada vez que pasaba ao seu carón, aquela noite na que caemos eliminados en semis de Champions. Un Hierro, que grazas a que se lesionou gañamos a Liga con outros centrais xa que el non daba e Fernando tamén foi mítico no club, pero a idade non perdoa e aínda por encima na celebración da Liga vai e pinta a mona con Flo, esa noite foise Hierro, Del Bosque e case cae tamén Raúl, confiemos que non tardemos tanto en voltar como daquela. Pois Ramos quedoulle a mesma faciana, a súa última aparición é unha noite desastrosa contra o Chelsea en London. 

Sinceramente, a un prezo razoable pois renovabao, pero foi el o que non quixo seguir e ben pagado por certo, din que eran 10 kilos limpos por un aniño con 35 anos, non está mal pagado. Finalmente na rolda prensa de despedida intentou deixar mal o club e quedou el e o seu representante coma un auténtico desastre.

Primeiro di, que non marcha polos cartos, despois di que lle ofreceron un ano pero el quere dous que hai que manter a familia. A ver se che dan un ano por esos cartos e xa levas 16 no club e tes falta de cartos, non será que fixeches malas inversións. Despois cóntanos que non sabía que a oferta caducaba, pero que cando lle preguntaron si planifícaban sen el, lles dixo que si. A ver Churu, mándalos planificar sen ti, pero contas que esperen por ti ata cando che salga dos mismísimos, tampouco te pases por moito capitán que sexas, que Modric aceptou a primeira e non era nin español, nin capitán. 

Fíxoselle raro o tema, pero lín nas redes unha explicación a esto, os límites salariais a día de hoxe complican moito esas cousas, se gastas os cartos posibles de Ramos noutro pois o tema queda difícil, ademais si nos venden que queren un crack, e temos un lote de estorbos que non queren marchar con soldazos pois peor aínda, o teu representante non sabe iso.

Ramos pifiouna bastante e tivo mala sorte. Primeiro lesionase, despois cando se recupera prioriza un record ca selección ao club que che paga, co tempo xa vimos o ben que lle saiu. Por enriba non volta a xogar ata a noite meiga de London, todo mal. O plan B que era que a defensa fora un desastre, pois tampouco lle resultou, a defensa sen el foi incluso mellor, Militao saiuse, Nacho tamén, Varane bastante ben tamén, incluso a defensa de tres con Mendy tamén, debeu tirarse dos pelos o seu famoso representante e mira que tirou dos periolistos para aproveitar o tema pero non había posibilidade, a defensa estivo moi ben, os problemas eran arriba. É máis un dos problemas de Sergio era que pensaba máis no seu goliño que en defender e iso custounos algún que outro susto. De feito igual tíñamos que renovalo pero de dianteiro, que gol, personalidade e punch  ten máis ca algún. Tampouco teño claro que sexa un bo suplente, que debería xogar bastante pouco.

Sustituir o mellor Ramos vai ser imposible, nin Alaba nin gaitas. O actual vai ser posible, pero non vai ter a estrela, o carácter e a personalidade do Churu. Os centrais serán Militao, Nacho, Alaba e vamos a ver que pasa con Varane o cal vemos máis fora ca dentro. Se o pagan ben pois venderíamolo en caso contrario pois aproveitámolo un ano, non queda outra. Se o vendemos aquí non apostamos por mercar  a ningún visto como anda o mercado. Se temos que tirar cos cartos  que sexa para mercar goles. Tamén debemos ter ollo, que con Carlo vamos a defender bastante peor, e vannos marcar bastantes máis goles.

Polo tanto sen Varane ofrecemos  varias opcións, unha foisenos fai unhas horas que era Mendy de cuarto central e ter a Miguel Gutiérrez e Fran García para o lateral esquerdo, pero o Raio mercou hoxe a Fran por 2,5 kilos, confiamos que gardáramos unha opción que Fran sempre apuntou, de feito a Regui nunca o contemplamos ata que apareceu con Lope  porque Fran tapaba todo.

A opción Vallejo parécenos a peor, Jesús non da, empeorou ano a ano e ademais vive lesionado. De feito foi chave no título de Copa do Barça, o cal non di moito por el, e non gañou a Liga grazas a que non estivo no Camp Nou. A única opción de que siga é que non seamos capaces de vendelo, non contemplamos máis cesións, hai que chimpalo se pagan algo, se non o colocamos pois teremos que telo de cuarto central no plantel e poder ir convocado e que os do filial podan xogar abaixo, pero si un día ten que ser titular os do filial por diante del. Mira que Gila é o do Castela que menos me gusta pero é mellor ca Vallejo e cobra menos. 

Polo tanto de cuarto pillaba a Chust e senón a Gila, pero o mellor con diferenza é Pablo Ramón pero ten que xogar no filial a non ser que algún día vaia a ser titular. Calquera dos rapaces ten que xogar no filial, pero si fai falla utilizalos no primeiro equipo.

Claro Koundé era un super fichaxe pero 80 kilos non os vale, Pau Torres ou Kouli por 50 kilos ou máis nin os valen, nin dan o nivel.

Despois que non digan tampouco que o Madrid despide mal aos seus históricos, hai que saber marchar tamén, o Zizou xogador marchou no prime, aclamado e despois aínda fixo un mundialazo.  De feito sempre dixemos que cuns medios que traballaran para el, aínda lle daba para uns anos. Os Butragueño, Sanchis, Michel ..... marcharon máis ou menos  ben.  Por outra banda os Íker, Hierro e Raúl marcharon fatal. Hai que ser conscientes que con trinta e pico non xogas coma con vinte, hai que saber onde estamos, vímolo con  Arbeloa na súa despedida.

Unha pena que o fixera tan mal Ramos, porque ben levado e con cachola podía ser o noso Maldini e axudar moito pero non foi así. Ramos sempre estará no noso corazón, pero os xogadores pasan e o escudo sigue.

O que lle apeteza a gloria a tempo, debe dominar o difícil arte de marchar no momento oportuno.

O próximo fascículo debería ser adicado a O Chamán.


Anteriormente:

Kollins e amighos.

2 tarifas.

Damos os nomes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario