Despois de tanta
critica tiña pensado escribir algo sobre a despedida de Arbeloa, pero vin que
outros xa o fixeron por min así que tirarei deles. Iso si , o que digan os
periolistos e antimadridista sobre este tema impórtame ben pouco, o que opinen
outros madridistas si que o respeto. Debo recoñecer que a Arbeloa sempre lle tiven un cariño
especial dende que xogaba no Castilla, que se acrecentou cando volveu e foi
queimado pola prensa e pola xente, así de claro, quizais non son obxectivo no
tema pero véxome reflexado un pouco en
Arbeloa, da a impresión de que pensa no club e non en el mesmo, lonxe de egos
persoais e demais, coma calquera madridista da rúa.
Todos sabemos que
nun vestiario hai xente que cando non se sinte protagonista, empeza a tirar e
soltar merda, si eses que din querer tanto o club, pero que despois firman o conmigo ou todo o carallo. Que si malmeten
entre xogadores, que van falar cos seus amigos periolistos …… e despois están
os que a pesares de non irlles ben pois tentan axudar , a crear bo ambiente, a
dar consellos, fan o traballo na sombra cos compañeiros, pensando no club por
encima de todo, con Arbeloa teño esa
impresión por iso se lle ten un cariño especial por este humilde servidor, nin
máis nin menos. Ese tipo de xogadores dentro dun vestiario son moi difíciles de
atopar.
Rubén Uría : “
Algo non funciona cando hai xente ofendida porque unha afección decide exercer
seu dereito : despedir a un dos seus con agradecemento.”
Carlos Luis
Uvidia : “ Arbeloa sinte o madridismo nas venas, é coma si un afeccionado tivera a oportunidade de xogar no Madrid, un
soño feito realidade.”
Mad Utd : “ A
cariñosa despedida a Arbeloa é unha derrota da prensa que a pesares de anos de
campaña , vese que predicaron no deserto.” #resquemor.
Juan Moral : “ O
respeto gáñase, a honestidade apréciase, a confianza adquírese e a lealdade
devólvese”.
Quillo Barrios : “
Ó final cada un ten o que merece. Arbeloa pódeche parecer mellor ou peor xogador, que estivera mellor ou peor
nos últimos anos, pero ó final é un home de club , que é algo que hai que
valorar xa que non sobran precisamente.
É un tío que sempre deu a cara polo Real Madrid , que nunca se lle escoitou
unha palabra de máis, que nunca lle vistes polémica o seu arredor cando non
xogaba.
“ (…) . Non tivo
problema nin con Pellegrini, Carlo, Benítez ou Zidane por moito que xogase ou
non. O final iso trasládase . Por moito que haxa periodistas que o manipulen
porque Arbeloa non é amigo seu , porque non lles da informacións ou exclusivas
, a xente non é tonta. É verdade que consumen moita porquería , pero a hora da
verdade danse conta de que Arbeloa, máis alá de ser bo ou mal xogador , un
mellor ou peor defensa , é un home que quere ó Real Madrid como ten que querer
un rapaz que sae da canteira. Outros con máis nome non o fixeron así e por iso saíron de outra maneira. Arbeloa
sae como merece , sae deixando a porta aberta porque todo mundo sabe que vai volver e sae coa despedida que calquera xogador do
Real Madrid soñaría , pero porque el conseguiu que fora así polos seus actos .
(….). Seu compromiso co Real Madrid non o poderá poñer en dúbida ninguén.”
“ O que lle
apeteza a gloria debe despedirse a tempo .... e dominar o difícil arte de marchar no
momento oportuno.” Nietzsche.
Grande Muxia!!!! É moi dificil ser tan fino como foi Arbeloa. Seguro que se equivocou algunha vez, pero fixo mais erros no campo que na vida de colectivo. Como xogador non será un crack pero a moitos guais fixolles calar a boca.
ResponderEliminar