martes, 19 de enero de 2021

O Lolaso post-Facu.

 Dende que se foi o Facu quedaban pendentes unhas palabras sobre o tema e ata estes momentos non se deu o caso.



De maneira incrible sen o Facu e sen Randolph estábamos a gañar con bastante solvencia, pero nas últimas semanas, quizais dende que caeu Llull gañabamos cada día co gancho e onte xa nin eso, contra posiblemente o rival máis débil.

Si cando arrancou a tempada estábamos un pouquiño por debaixo do Barça, a espera dun pivot que lle dera descanso a Edy, despois de perder a Mickey e Mejri e con Felipe de retiro, cas baixas antes sinaladas estamos moi por debaixo, cun plantel bastante veterano e sin bases.

Porque temos os peores bases da Euroliga, con Lapro que xoga a ritmo de outro tipo de equipo, con Alocén que está moi verde e cun Llull que xa é máis escolta ca base. Sinceramente necesitamos un base para xa coma o comer.

O Madrid é un equipo basado en picos de forma moi diferenciados durante toda a etapa Lolasa, a de discusións co meu xefe por perder partidiños no medio da tempada para gañar os importantes e sobre todo os de Euroliga. Pois agora parece que o Barça é o que fai iso. Ademais o Madrid ten unha falta de talento individual exterior moi importante, fáltalle unha estrela que gañe partidos así por así. E non sempre os vellos van tirar do carro, xa abondo fai Carroll.

Sen un paso adiante dos xóvenes faltaranos algo para intentar loitar incluso polos títulos nacionais e vexo difícil. Onte nunha xogada Alocén tiña un triple liberado e preferiu un pase máis que se quedou en nada, nesas cousas nótase o desparpaxo. E coma todos os anos temos ao noso junior non sei para que se Tisma non xoga nunca, non será mellor cedelo, ao igual que pasou o ano pasado con Nakic para cedelo este. E que pasará os seguintes con Nuñez e Spagnolo que no filial teñen boa pinta e desparpaxo pero a ver que sucede despois.

A situación do base non deixa a ninguén extrañado xa que sabíamos todos que Facu se ia e que Lapro non da, se queres foguear a Alocén de terceiro base vale, pero tiñas que traer alguén para o sitio postFacu.

Vamos camiño de ter que facer unha reconstrucción en fútbol e en basket e non sei si vamos ter cartos para todo.

Outra cousiña é como Deck aínda ocupa praza de extra, parece que algúen non fai ben o seu traballo ou nos está troleando.

Con outro lesionado máis coma Rodolfo que é o que marca a nosa defensa, mal vamos a ir este par de semanas sen el. A ver si Lolaso fai as cousas ben porque onte moveu o equipo algo mal, e os tempos coma sempre, arrastro, pero non podo nin trolealo moito xa que penso que é a directiva a que non lle da todas as pezas que necesita o cal non quere dicir que hai cousas que podería mellorar, pero el non pediu cuarenta escoltas e poucos bases de nivel ou iso espero. Nin pagarlle o plan de pensións a Felipe podendo gastalo nun basiño agora por exemplo. 

O noso Facu era moito en ataque e en defensa, onte remontábamos fácil con el, e non se dan conta que agora somos peores e non podemos sestear nos partidos. A última xogada de onte foi de coña, un desastre todo incluso non tirar de tres.

 Toca boghar amighos, ata para escribir non teño moitas gañas, pero fastidia que un Barça en escombros económicos vaiamos a facerlle o tombo e ollo que en basket teñen equipazo o mellor de Europa.

Anteriormente :

Search Vaise o Facu.

Search Covid Lolaso.

Outra Copa.

Lolaso vs Mirotic.

No hay comentarios:

Publicar un comentario