lunes, 18 de enero de 2021

A cachola de Zizou.

 Pois vamos tentar analizar un pouco a cachola de Zizou, o que lle debe pasar por ela e o que din os seus detractores.



Pois Zinedine é un dos poucos xogadores que segundo os seus defensores que cando pensou que o seu corpo non estaba para aportar renunciou a un ano de contrato, non coma outros supostamente máis madridistas que non perdoaron un euro aínda estando en estado lamentable e incluso xogando noutros equipos cobraban do Real Madrid. Tamén renunciou a seguir adestrando cando veu a cousa mal parada. E voltou coller o club nun momento convulso e en crise coma na primeira vez.

Os seus detractores din que deixou ao club tirado pensando en que podía ser seleccionador francés tralo Mundial pero como Didier gañou saiulle mal a xogada e voltou meses despois.

Os seus defensores dirán que é un dos mellores adestradores da historia, con tres Champions seguidas, que gañou dúas ligas e un puñado de outros títulos, cun ratio de partidos/títulos incrible. Algo que non conseguiu o para moitos máis grande dos últimos tempos Mou. Que colocou a Casemiro no equipo....

Os detractores dirán que é un aliñador ao igual que Del Bosque e que sin xogadores de calidade os seus equipos arrastranse. Dirán que se beneficiou de todo o que aprenderon con Mou e con Carletto, que todo é cuestión de sorte.

Os defensores dirán que con el se viu o mellor Madrid dos últimos anos, con dobrete incluido, cunha final de Champions primorosa, tres seguidas....

Os detractores que non é capaz de desfacerse dese nucleo duro e de deixar atrás o pasado e darlle oportunidades ao futuro.

Os defensores dirán que é un crack das rotacións e os detractores que non sabe facer un cambio, que somos demasiado irregulares e que agora apenas rotamos. Que mércores vai poñer once xogadores sen minutos e si o fan mal vainos queimar dicindo que por eso non xogan, cando darlle oportunidades así once xuntos normalmente é un marrón.

Os seus defensores dirán que os xogadores que lle trouxeron non dan o nivel a pesares do prezo e que moitas veces son cromos repetidos que incluso son incapaces de xogar en equipos de medio pelo, como van a xogar no Madrid. Que Jovic non é xogador para o estilo do Madrid que tivo moitas oportunidades e non rendeu, que Vini non sabe facer unha parede, que Odriozola cada vez que xoga fai unha cagada.... Que el pensou en Varane, en Mendy, en Hazard cando ninguén o coñecía...

Os detractores dinche que non é capaz de desenrolar a ningún xovén. Que Ody foi o xogador revelación da tempada pasada, que ten a Fede tapado, que Militao é internacional con Brasil, Odriozola con España e que fixo o mesmo ca Lucas pero que o queima a primeira, Jovic dous minutos en Frankfurt  dous goles ....... Que ten a Isco e Marcelo en plantel e tirou con Llorente, Reguilón, Theo.....

Os defensores que convenceu a Hazard para vir cando era top mundial, que o equipo con el é mellor. Os detractores que o pon sempre ainda que está no peso dun tractor e que ten oportunidades aínda que non as mereza.

Así poderíamos estar ata o infinito.

Temos un par de artigos que saíron os últimos días, bastante críticos:

Pongamos que hablo en Meritocracia.

Perdonadme, pero no en La Galerna.

Ti que eres defensor ou detractor de Zidane, aquí ante todo somos madridistas, a opinión para vos.


Anteriormente:

Adiantamos toque de queda.

RtsMadrid o enigma ZZ.






No hay comentarios:

Publicar un comentario