lunes, 19 de mayo de 2014

Síndrome de Estocolmo.

Domingo 20 horas Canal + Deportes  nunha boa pantalla de televisión e o Real Madrid na Final de Euroliga , con  dous amigos que disfrutan  do basket igual ca min, a parte superior dun bar toda para nos,  o marco era bo, recoñezo que a min o basket gústame velo solo na casa e xurando en hebreo ( nunca mellor dito ) , no bar non hai aroma a basket, pero  sen que sirva de precedente  sentinme coma na casa e tiña con quen discutir.


Aínda así preferiría que fora a Euroliga e non a Champions en aberto, sen dúbida, malo sería que non tivera a oportunidade de volver a ver o partido, tranquilo sen a paixón do directo  e analizalo mellor, seguro que vería a luz. Vou falar das sensacións que me deixou, sen afondar moito, non teño moitas ganas de escribir.

Desta vez non vou culpar a Laso, el terá a súa parte proporcional de culpa supoño, pero creo que  o problema foi máis de cabeza de algún xogador  que do míster, pesou o partido a responsabilidade . Igual Laso foi o gran culpable e eu desta vez non me dei conta, será que o fixo ben, será o síndrome de Estocolmo, será a desilusión. Iso si, sen o título de Euroliga , Laso sempre será sospeitoso habitual para min, non me gañara nin me tapara a boca definitivamente,  no Euroliga no party. Sucumbimos cos mesmos erros dous anos seguidos, ollo !

O igual que un ano atrás co Oly, o Maccabi foi máis intenso ca nos e tivo xogadores máis enchufados. As lecturas de Londres valerían para Milán iso é un problema.  Se o ano pasado tiramos con 20 puntos na primeira metade  desta foron 11. David Blatt ese home que freou o Madrid de Laso, o Cska de Messina e anos atrás no Eurobasket a  Gasol e os juniors de ouro en Madrid, algo terá.

A min particularmente  faltáronme máis minutos de Felipe na segunda metade, tal e como vin a Mirotic e ca de rebotes  ofensivos raros  que nos pillaron, o noso home era Felipón.  19 rebotes ofensivos do Maccabi, dan a posibilidade de 38 puntos, a quen culpamos desto ?

Pero o gran problema foi que moitos xogadores víronse superados polo partido. Falla de calma  en momentos importantes, un ano despois  erramos de novo  na lectura do partido . Para min Niko , nin posteou nin tirou o que se lle supoñe , e sobre todo cando deixou de tirar unha tripla solo  nun momento chave do partido quedou retratado.

Llull que aportou en defensa estivo fatal en ataque. E como non a baixa de Draper resta moita intensidade o equipo por moito que moita xente diga que non aporta nada. Son as grandes sensacións que me quedaron, igual había que criticar algún xogador máis quen sabe. 

Que mal xogamos os minutos finais en partidos igualados ! Que frouxos pasamos os bloqueos a Rice na prórroga e algún que outro antes tamén.

O  que si sei é que perdemos a segunda Final da Euroliga consecutiva despois de ir  de novo por encima e cun resultado amplo, iso si que doe e moito. Chegar a ela non é nada fácil e quen sabe si volveremos chegar nos próximos anos. Un servidor que non cree nada en Laso super-crítico con el sempre , hai que recoñecerlle que nos trouxo aquí e que enche o Palacio, algo terá que ver, sempre queda ese pero con el. 
Demasiado dependentes das triplas e do estado de xenialidade dos xogadores.  O Lolaso é así  cas súas vantaxes e inconvintes.

Unha pena , poderíamos levar dúas consecutivas e non levamos ningunha, tristeza máxima. Cargarnos o Barça dous anos seguidos non tivo premio. A gloria no Real Madrid márcana as Copas de Europa, os Laso, Llull, Rudy, Chacho, Mirotic….. sen Copa de Europa non serán lenda. A temporada xa case acabou, a Euroliga era o que facía ilusión esta tempada. Toca loitar a Liga fronte o Barça e o poderoso Valencia de Perasovic ca súa mentalidade infernal.

Dende que escribín o artículo ata que o vou a públicar, cada minuto que pasa vexo máis culpable a Laso, inxerencias externas tal vez. O cal non quere dicir que o teñamos que chimpar, pero ten que aprender algo que van dúas finais perdidas iguais e funcionamos bastante mal nestas situacións. Non tolear, pero si mellorar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario