Non todos
queríamos que gañara a Premier o
Leicester, un servidor por exemplo ten un
apego especial co Tottenham polo
que quería que os de London se levasen a Premier. Modric , Bale e algunha que
outra cousa teñen moita culpa disto.
Non cabe dúbida
que en certo modo un equipo "aparentemente" pequeno gañe , que o
pequeno amose que se pode gañar con collóns, traballo, coraxe e sorte, a sorte é sempre moi importante non o
dubiden. Dende o Forest de Clough non
había novo campión en Inglaterra, moito mérito para un defenestrado Ranieri.
Tamén é positivo
que despois de aguantar pouco menos que o Barça inventou o fútbol e solo valía
o toki-toki ese agora son válidas outras
opcións, como a do “ Lester “ , que solo gañou a posesión en 5 partidos da Premier.
Ou o rochoso Atleti do Cholo co seu grandioso entramado defensivo , que chega
arriba con tres ou catro pases. Agora ese fútbol si que mola eh !!!
Os que estades no
carro do “Lester” e que seguro que víchedes
numerosos partidos do cadro de Ranieri, agora non criticaredes cando outros
equipos fagan ese tipo de xogo, supoño. Aceptar a versatilidade do fútbol e o
amoldarse o tipo de xogador que tes, iso tamén é fútbol, non solo hai un estilo
por moito que nos queiran vender, cantos
anos e cantas discusións por aquí sobre ese tema, a razón a mesma sempre:
Mentras que non o faga o Madrid será válido, xa
que si o Madrid xoga o toque non valerá xa que será aburrido e si xoga a contra
será de equipo pequeno, a leria de sempre. Como sempre digo no Real Madrid o
que vale é gañar e as copiñas, o resto
papel mollado. O que digan os periolistos. Ou o xardineiro de Catar, daría o visto e prace a Premier do Lester ou será indigna.
É coma os que
sempre me critican por ser do Madrid sendo galego, un é do equipo que lle da a
gaña e punto. Moitos dos que tanto me critican o outro día xogando o equipo do
seu pobo un partido vital, si do seu pobo, iso tamén é Galicia penso, pois arriaron no descanso
ou incluso xa nin foron para ver a outro equipo pola tele, o que manda o chan a
súa teoría conspiratoria. De feito un servidor normalmente vai ver sempre que
pode o equipo do seu pobo, incluso xogando o Madrid, como exemplo o sábado que
preferín ir ver un partido de alevíns a un do Madrid xogándose a liga, pero
claro son un traidor da patria por ser madridista o que hai que aguantar se non coñecen nin os
xogadores do equipo do seu pobo, vaia por deus.
Coma os que son
de dous ou tres equipos a vez. Eso é posible ? Si seus dous equipos se xogan na última xornada un título ou un descenso , por cal acuden ? Un tempo cada un ? Vexo normal que a xente sexa do equipo que xoga contra o Real Madrid dese equipo son moitos , pero dicir que eres de dous na mesma competición , non me cadra. Eres de un ou de outro non hai máis, a ver si fan pronto un estudo sobre o tema e me sacan de dúbidas. Podes simpatizar con outros equipos pero ser solo se é de un ! Ser do Madrid e simpatizar co Tottenham, Juve ou Espanyol , nada máis, pero cando xoga o Madrid contra estes rivais quero a vitoria do Madrid , así de claro.
Hoxe está de moda
dicir como mola a Premier, esa si é unha liga, non o noso esterco de liga. Supoño que
eses verían moitos partidos de Premier para opinar, un servidor sinceramente
cachos e pouco máis, gustaríame ter visto máis pero non se deu o caso. Pero como sempre di
un amigo meu, os xogadores sempre son bos nos resumes e en “Yutú” , pero hai
que velo xornada tras xornada e despois falamos, algo parecido poderíamos
aplicar a Premier. Ollo que un dos meus soños é vivir un partido de Premier en
directo, pero sacar conclusións polo título de Liga do “Lester”, si na próxima década se sigue cumprindo voltaremos a falar .
Como se moven por
Europa os equipos españois e ingleses tamén pode significar algo, ou non ?
Quizais non é tan mala coma nos venden a Liga española ? Cabeza de rato ou cola
de león ?
Desafoguei, podedes criticarme xa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario